- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 19 Xaneiro 2013 19 Xaneiro 2013
Vamos agora con noticias das que sempre gustaron á redacción desta web. Chimpíns a rebosar de terra conducidos marcha atrás acompañados de estalidos de motor estruendosos, palas cheas de cemento cos seus mangos desgastados, formigoneiras rodando frenéticamente, operarios da construcción enlamados con rastrillos e sachas esparcindo cemento por doquier. Noticias que colman a nosa alma de xubilado ata desbordala. E todo elo gracias a que dende este mércores 16 de xaneiro anda o noso querido e coqueto lugar de Brañas Verdes inmiscuido nun pequeno ainda que necesario acicalado das súas rúas e espazos comúns. O caso é que estes días estase a remodelar a que era a Calle Rosada e a praciña de Brañas Verdes, xusto no lugar que non era máis que un terreo común que daba entrada ao pobo. A calle Rosada foi pavimentada novamente despois de comprobar que o antigo solo estaba xa deteriorado e a praciña foi tamén recheada por primeira vez con formigón para poder dar un servizo aos veciños como lugar de reunión e xogos dos rapaces. E estas pequenas obras que se están a realizar resultaron froito dunha reunión cos veciños de Brañas Verdes por parte do Alcalde Pichurri e o Concelleiro Sergio Caamaño na cal foron recollidas as suxerencias dos veciños e pouco despois levadas a cabo.
Aínda así a nosa querida veciñanza de Brañas Verdes queda á espera de que a clarividencia urbanística, arquitectónica e legal do Comité de Sabios Expertos do PP de Camariñas dea o seu veredicto supremo e declare o seu visto bo (seu visto malo, queremos dicir). Un veredicto o deste comité, apartado por vontade propia da disciplina do partido, que seguramente voltará a contradecir como podemos comprobar a cotío a todo un Conselleiro de Urbanismo da Xunta de Galicia, a unha Señora Directora de Ordenación do Territorio e ata ao mesmísimo (por ser máis cercano) Presidente da Deputación Provincial da Coruña. Nin máis nin menos que a Don Agustín Hernández Fernández de Rojas, Dona Encarnación Rivas Díaz e D. Diego Calvo. Así, co seu nome completo, que da máis pavor. Así e todo esto pasaría desapercibido cara os nosos ollos se non fora que todos eles pertencen a un mesmo partido que cada día que pasa cava a base de ridículos extremos unha tumba moito máis profunda no que cae o futuro político do PP no Concello de Camariñas gracias as desventuras deste cómico comité que produce carcaxadas indisimulables (PSOE) e vergonzas resignadas (PP) nas sesións plenarias do concello.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.