- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 21 Xaneiro 2013 21 Xaneiro 2013
Hai agora un programa nun destes canales de documentais no que dous tipos percorren Estados Unidos de arriba a abaixo comprando chatarra de todo tipo para despois, unha vez convenientemente restaurada, vendela a precios desorbitados. A vista dos precedentes se por unha causalidade dos destino decidiran achegarse polo antigamente denominado Cine Rialto, o popularmente coñecido durante décadas como "Cine de abaixo" entón si que se ían a facer millonarios. Porque o noso querido amigo e auténtico Presidente fundador do FC Camariñas Vicente Carril decidío poñer á venta o que foi o proxector cinematográfico máis prolífico da historia fílmica da Costa da Morte.
Orixinariamente comprado durante o boom do cine popular en Camariñas, aqueles anos 70 no que os complexos cinematográficos de Corea e do Campo competían entre si e atrían cara a Camariñas a centos de visitantes durante os seus prolíficos fins de semana, sería tal vez imposible enumerar a cantidade de bobinas que este proxecto veu deslizarse polas súas entrañas. Unha auténtica xoia para coleccionistas, que se atopaba en moi bo estado, apta tras un par de arranxos para seguir proxectando a maxia do cine cara os ollos de calqueira amante do séptimo arte.
Vaqueiros contra indios, Cantinflas, Charlot, kárates a morte en Hong Kong e en Torremolinos tamén, sanguentas fazañas bélicas.... contempladas dende unhas butacas que aínda conserva o gran Patriarca futbolístico da Costa da Morte no piso superior do seu cinematógrafo e que saían disparados todos eles a 24 fotogramas por segundo a través dun proxector que se poñe á venta.Tal vez o seu mellor compañeiro nunha hipotética transacción comercial sería unha das butacas conservadas, dende a que debidamente restaurada, voltar por uns intres, hora e media de metraxe cinematográfico, a aquelas épocas nas que o Cine era o rei en Camariñas.











































Comentarios
O CARUNCHO
...Os laboratorios, estaban a pagar mais por cen gramos daquela medicina sen elaborar, que a Casa da Moeda, por un quilo de puro ouro do banco de España. A súa cotización en Bolsa, houbera sido a panacea da nosa vindeira prosperidade.Ta n só uns gramos de nada, e, xa podías mercar ao contado, as entradas po cine Rialto. Xurxo Negrete, Pedro Infante ...e outros dous...,eran a nosa paixón.
Mercadas xa as entradas que, na revenda, adquirían valores impensables hoxe en día, o galiñeiro e as butacas, a duras penas soportaban aquela marea humana que se estaba a apiñar no interior da sala. A algarabía e os empurróns dos fans, impedían escoitar con atención a verdadeira trama da proxección, que, por outra banda, pouco ou nada importaba, xa que as puñadas, e as balas perdidas daqueles intrépidos mexicanos, estaban a causar un gran impacto nun público entregado, e que o facían participar naquelas outras acaloradas contendas.
A lanterna do moderador, sen apenas pilas, non tiña paraxe; enfocaba d´aquí pali, intentando identificar aos rompentes de cadeixas. As cotenadas por alto, nada importaban; e, daquel home, apoderábase un nerviosismo comprensible, ó tratar de salvar uns mobles tan custosos naqueles tempos.
Acababa, pois, botando a media sala de “ patítas a la rúa “ mentres marcaba coa luz da lanterna á plebe alborotadora que debería abandonar, sen reclamación posible, o “ saloom :" (Da...da...daqu i, pa.., pa …tras,...to...t o...todos pa fora, a ti..ti…tirar tiros a praia").
E todo con razón; non había dereito a deixar aquelo en semellante estado de destrución. Fora, agardaban outros a que todo isto acontecera. Sabedores como estaban por adiantado, por experiencia propia, o que, inevitablemente , ía acontecer pa, de seguido, poder entrar eles de novo, "sivilisadament e" e ocupar os postos "deixados" polos seus antecesores de bancada.
As sesións repetíanse unha e outra vez, ata chegar a fumear a cámara.
O NODO, salteábase a miúdo, pois era o que menos interesaba.
Acabadas aquelas películas tan bonitas, o pobo enteiro desfilaba por todo ó largo do dique, con cantareas do "México lindo y querido"...(e, se non,...¿ de onde pensades vos que saíu aquela voz maxistral do noso querido TOTIS...,?… por exemplo )
Polo contrario, as forzas do orde non tiñan paraxe...,corrí an dunha extrema a outra da vila, e os vinte e tantos números acuartelados en Camariñas, a ollos vista, non eran abondo pa conter ás masas enaltecidas "liberadoras do mal" , que a gran pantalla lles tiña contaxiado momentos antes.
l
O caruncho, amigos meus, fora a droga san dos nosos tempos. Tempos pasados que tanto nos teñen que ensinar.
Antonio Puertas
pues hay que apuntar bien y seguían disparando cien balas y cuando ya estaban que no podían mas después de haberse muerto el feo que siempre moría pues sonaba la trompeta ttatatatatatri y los indios marchaban el chico besaba a la novia ,pobres indios y nosotros BIIIEEEEEENNNNN N
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.