- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 22 Decembro 2007 22 Decembro 2007
A papeleira Taller xa comprou a súa entrada para a Cea Oficial Camarinas.eu, ¿e ti?

Pensábamos que estaba morta, pero resultou que estaba viva... e tomando caña...caña de herbas!!. Así, a nosa querida papeleira Taller que algúns deron por morta nunha información estrafalaria e destartalada de camarinas.eu (coma case todas) publicada por este diario a finais de agosto, percorreu hoxe pola mañán os catro pasos que a separan da nosa redacción, e caseque desesperada comprou unha entrada para a cea oficial de camarinas.eu que terá lugar nos Catro Ventos o vindeiro sábado ás 21 horas.
E é que ante semellante pasarela de mulleres despampanantes que acudían a esta redacción para facer os Camariñas Beauty, a pobre Taller estaba que se subía polas paredes: "Xa non podía máis, ¿vós sabedes o que é ver todolos días pasando por diante dos meus fuciños semejantes hembras? Ahora a ver se na cea podo darlle uns "dansings" con aljunha ben ajarradiño, e quen sabe, ao millor pode ser que xurda entre nós un amor volcánico (ou balcánico), a min xa me da todo ijual...)" Taller quedou gratamente sorprendido do menú que temos preparado para deleitar aos nosos comensales na cea. Así pois, animádevos que xa quedan poucos días, e o sábado todos temos que encher os Catro Ventos, onde Rique xa nos ten preparadas unhas delicias culinarias como él sólo sabe, e quen sabe, ao millor alí podedes ver a Taller bailando ben agarrado con calqueira das Camarinas Beauty.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.