- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 14 Decembro 2012 14 Decembro 2012
Tal vez todo se deba a que existen demasiados canais de televisión e consecuencia delo unha sobreabundancia de programas, e claro hai que enchelos todos de contidos. Tamén podería ser o programa do Canal de Historia que explica case todos os grandes acontecementos da historia da humanidade en base a unha segura intervención alieníxena e que tanto está acabando por afectar, nublando seriamente as súas percepcións, a algún dos redactores de Camarinas.eu. Tampouco habería que descartar o efecto lamentable e patético que provocan os constantes autocomentarios perpetrados polo solitario e defenestrado director dun coñecido estercoleiro cibernético habitual, pero o caso é que parece que vivamos imbuidos de cabeza nun estado de estupidez permanente, de idiocia colectiva, de fantasmada perpetua.
Recentemente un dos programas televisivos clásicos na liña informativa antedita, Cuarto Milenio, do canal antaño propiedade do Grupo Prisa, agora vendido a un playboy muchimillonario italiano que o citado grupo mediático sacou no seu periódico emblema ca potencia ao aire rodeado dun enxambre de prostitutas adolescentes, dedicaba un anaco do seu valioso tempo a unha foto tomada nunha das praias de Reira. Entón todo foi destartalar e, rodeados de un aura de misterio, imbuir no espectador toda clase de conclusións precipitadas. Eso si, ata que chegaron os sabios expertos do programa, arroxaron luz sobre o expediente milenario e todo quedou en que se trataba dun sinxelo lobo, un can bravo como moito.
O caso foi o que segue: o diseñador de moda José Mateos, vinculado a Camariñas por mor da Mostra do encaixe e apaixoado da fotografía, tomou no entorno do Cabo Vilán, supoñemos que nunha das praias de Reira, unha interesante e meritoria imaxe na que se ve un animal salvaxe correndo a gran velocidade pola area, tratándose posiblemente da primeira fotografía das mencionadas características en ser captada no citado areal camariñán. Unha imaxe certamente impactante, de contido misterioso e evocativo, que asombra pola riqueza da vida animal de Reira cando as sombras fanse as donas do lugar. Ante elo a presentadora do programa de Iker Jiménez teoriza acerca do monstruo en cuestión: ¿un lobo? ¿unha hiena? Se fora coñecedora da realidade política municipal camariñana podería engadir unhas cantas hipóteses máis: ¿un hipopótamo escapado da Carretera do Faro? ¿un can rabioso (con todos as nosas disculpas aos cánidos pola comparativa) defenestrado polos propios militantes da súa formación que expulsa a súa espuma maligna nun entorno salvaxe? Ou o máis probable ¿un ex secretario do PP convertido en home lobo por mor do seus fracasos políticos e persoais perpetuos? Todo pode ser, querido accionariado apolítico e independente (cada vez máis) de Camarinas.eu, nestes días incertos e extranos qe nos tocou vivir, sobre todo cando unha xauría desquiciada anda enfagada tratando de devorar os restos aínda insepultos do que fora o líder da manada. Con todo que non se extrane ninguén si a partires de agora nas noites de plenilunio vislúmbrase, solitario, expulsado polos seus, desesperado, a un obeso e hinchado home lobo de intelixencia tan só por enriba da idiocia mental máis absoluta oubeando lacrimóxeno e chorón á lúa polos PXOMS aprobados, polos tanatorios construidos, polos consensos políticos acadados.
Comentarios
O fin do mundo, previsto polos aztecas ( chamados tamén aztecarios ) está xa mallando nel e nos seus ánimos de derrota ( anda ladeado e coa lingua de fora ).
A tunda que vai levar, Dios mediante, nos vindeiros días, vai ser de traca...dígovol o eu que coñezo os seus andares.
Antonio Puertas
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.