- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 07 Decembro 2012 07 Decembro 2012
O Imperio xornalístico de Camarinas.eu non deixa de expandirse a través de novas terras, de crecer por novos e vastos territorios, engadindo novas cidades aos seus dominios, sembrando a súa semilla divulgativa ata o derradeiro dos recunchos da Terra. Últimamente esta expansión está sendo especialmente prolífica por algunhas das que foron as derradeiras posesións da Coroa Española en Norteamérica, tal que Puerto Rico e, no caso da presente noticia, o Estado Soberano de Florida. Tan só falta que se derrumbe dunha maldita vez o demoníaco comunismo e lanzarémonos a unha implacable ofensiva de conquista polos campos de caña de azúcar cubanos.
Ven a presente introducción a conta da noticia remitida ao seo desta redacción por unha persoa que, a maiores de vínculos familiares, constitúe a día de hoxe un dos mellores amigos dos seus redactores: Juan Rodríguez Freire. Un camariñán criado en Londres e que agora, por mor das ineludibles obrigas laborais está a residir xunto a súa esposa na tropical, mestiza e caribeña cidade de Miami, no antedito Estado de Flórida, naquelas terras que hai menos de 200 anos eran españolas e que querendo evitar o que finalmente foi inevitable 80 anos despois, foron malvendidas en 1818 á daquela floreciente democracia norteamericana.
Obrigado coñecedor por mor do seu destino actual da ofertas das diferentes aerolíneas en data recente descubría con agrado e placer como unha das principais compañías aéreas españolas, a catalana Vueling, presidida por ese superiviente da política ao que o seu partido sempre atopará un destino dorado, o ex-ministro Josep Piqué, ilustraba a súa oferta de viaxes cara A Coruña, non cunha imaxe da Torre de Hércules, nin da Catedral de Santiago, nin siquera do Faro de Finisterre, senón do seu irmán maior e superior en canto a beleza: o Cabo Vilán, co seu maxestuoso e monárquico punto de luz como referencia provincial absoluta.
Tal vez e sin querer, a semellanza dos nosos queridos compatriotas do Comité Local do PP, entrar en provocacións absurdas e insultos gratuitos cara outras localidades da Costa da Morte, sexa o momento de reinvindicar o trono do Faro Vilán nesta franxa atlántica dos nosos pecados por enriba doutros monumentos de parecidas características e de reclamar que sexa incluido dunha vez por todas no Top Ten Monumental galego. Foi o caso, recentemente descuberto por Camarinas.eu na súa campaña de loita contra o plaxio, o infundio, a mentira e a difamación, que visionando o episodio dedicado á cociña galega do programa gastronómico presentado polo orondo cociñeiro asturiano José Andrés, unha serie dirixida ao público norteamericano e de amplia difusión no mencionado país, visitaba este reputado chef, entre outros puntos de interese culinario, a nosa querida vila de Fisterra. Alí, por aquelo dos tópicos, foron rodar uns cantos planos dun José Andrés que falaba á camara sobre unhas rochas co Faro de Fisterra en perspectiva un par de centos de metros detrás. Cal non foi a sorpresa e a indignación de Camarinas.eu ao constatar que os primeiros planos do faro que se interpoñían cas tomas en perspectiva eran... do ¡Faro Vilán!. Polo visto, os plaxios, as suplantacións e as falsificacións desvergonzadas non son patrimonio exclusivo de estercoleiros cibernéticos habituais radicados en Camariñas.
Unha reportaxe que, quen sabe, ao mellor contemplou co mesmo certo regusto de indignación e cabreo que os seus amigos camariñáns o noso querido compañeiro Juan, xunto á súa dona nunha tranquila tarde caribeña no seu fogar dun barrio residencial da capital económica da en tempos colonia española de Florida. Alá onde nos 80 Don Johnson e Edward James Olmos combatían, embutidos en traxes de Adolfo Domínguez, cun certo deixe de glamour o implacable e letal mundo do crime e do vicio.


Comentarios
Antonio Puertas
estan liando o petate
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.