- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 27 Novembro 2012 27 Novembro 2012

Xa antes do comentario en Camarinas.eu que confirmaba o plaxio dun artigo contido no seu blog, os seus 600 seguidores da conta do Twitter podían comprobar con estupor a través dun tuit de título "vaya caradura q tiene el capitan de la marina mercante" como unha web camariñana (por chamarlle a eso dalgún xeito) arrastraba o nome de Camariñas polo fango asociando en centos de mentes andaluzas o nome dunha vila milenaria, dun concello de 6.200 almas, a unha guarida de saqueadores xornalísticos, de plaxiadores profesionais. Se por enriba chegan a coñecer o esperpento da okupación ilegal do Club Náutico, o cuadro xa sí que ía estar completo. Poucas veces, tal vez nunca, un contubernio náutico-naviero-político-pufista-plaxiador-okupa causou tanto dano á imaxe dun concello. Tal que decía un xornalista independente polo que en tempos tivemos predilección no seo desta redacción son xa as 23:00 horas e non é que os responsables do plaxio pediran disculpas aos seus lectores e a toda Camariñas senón que nin tan siquera deron unha explicación mínimamente comprensible, remotamente decente.
O citado comentario do responsable dun blog serio e ben feito, da que ata o mesmísimo ABC se ten surtido en ocasións, viría a constatar o que moitos xa sospeitaban dende hai tempo: que dende a web oficial do PP de Camariñas estaríase cometendo durante todos estes anos un fraude xornalístico masivo, un copia e pega que serviría a algún escriba naviero de ollos rasgados para presentarse ante a extrema dereita camariñana como o talento literario e técnico que nunca foi e, o que é peor, nunca será, quedando agora desenmascarados ambos ante todo un pobo como os protagonistas dunha lamentable farsa. Baste lembrar que o mesmo día de autos que pasará á páxina negra do xornalismo da Costa da Morte o citado e presunto capitán naviero asinaba con toda a cara unha crónica sobre un icebreaker soviético que se limitou a copiar e pegar. Limitábase a facer o que levaba anos levando a cabo de xeito sistemático e impune.
Camarinas.eu en estos xa cáseque cinco anos e medio de andaina xornalística continuada, a piques de chegar ás 3.000 noticias publicadas, aparte da producción propia conta cos numerosos e valiosos artigos asinados polos nosos colaboradores, todos eles firmas acreditadas e talentosas, que endexamáis recurriron nin remotamente a un plaxio e que sempre ofreceron aos lectores camariñáns obras propias, frescas e orixinais, puntos de vista únicos, intransferibles e persoais. Nunca os saqueadores de obras alleas tiveron cobixo baixo a nosa rúbrica: un marca sinónimo de calidade e talento. Os mellores sempre estiveron aquí e precisamente elo levounos a ser os mellores.
Agora, por pura decencia, Camarinas.eu publicaba na mañá deste luns unha noticia que en apenas 36 horas acadaba as 1.000 visitas, 45 comentarios (a 2º máis comentada na nosa historia), unha exclusiva que dentro da liña clásica de Camarinas.eu marcaba o debate xornalístico do que os demáis se farían eco durante toda a semana e que deixaba abraiado a todo un concello así como ao mundillo xornalístico da zona, pero peor que eso se por algo pasará á pequena historia xornalística desta Franxa Atlántica será por desenmascarar unha labor de saqueo habitual, periódica, constante; por deixar unhas honorabilidades completamente aniquiladas, moi seriamente quebrantadas. Máis aínda do que xa o estaban, queremos decir.
Comentario de José Antonio Alikton
#23 RE: A Historia dun plaxio vergonzoso — intrinseco 26-11-2012 20:33
Pues sí el capitán ha plagiado mi blog. Cuando encuentras algo que te gusta hay que citar las fuentes, los enlaces y cual es el original. Yo lo hago siempre, incluso cuando solamente lo que he leído me da una idea sobre algo.
ABC lo hizo
http://www.abc.es/20121112/medios-redes/abci-siete-faros-abandonados-201211120908.html
y yo lo hice con el original:
http://weburbanist.com/2012/11/04/lights-out-seven-more-eerie-abandoned-lighthouses/?utm_source=feedburner&utm_medium=feed&utm_campaign=feed- .
main&utm_term=feed-title
Las fotos que no son del original y las que sí tienen a pie de las mismas su fuente.
En fin cada uno es responsable de sus actos. Saludos a Galicia desde Andalucía.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.