1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Red Barclay, o personaxe dos Simpsons falecido ao tentar papar un Don Solomillón, desafiado por Camarinas.eu

Este xoves 22 de novembro de 2012 Camarinas.eu presenciaba no Muelle Novo "un dos espectáculos máis grandiosos da natureza: ¡un Convoy!". Era pouco despois do mediodía, en puro prime-time chiquitero, a esa hora fatal na que algúns peliños enchoupados dos arredores están xa máis ala da vida humana, cando unha sucesión ininterrumpida de ata catro supergrúas irrumpían con potencia na explanada sagrada camariñana e ante semellante visión sobrenatural a tensión xornalística dos últimos días acabou por agolparse nos limitados miolos de Camarinas.eu e estoupar nunha explosión piroplástica cerebral: o culebrón do Club Náutico de Camariñas que nacido como drama acabou por rematar como esperpento, como unha españolada dos 60-70 de okupas fóra-okupas dentro; os ridículos xornalísticos espantosos dos profesionais do oficio, a coñecida afición cinéfilo-televisiva dos redactores que o presente subscriben, e ata a falta de obra pública dos ultimos tempos. Todo elo acabou por xuntarse e provocar os resultados fácilmente predecibles: un auténtico disparate.

Porque claro, cando un desfile de semellantes características aparece ante os teus ollos e aínda por enriba no Muelle Novo unha primeira conclusión non se podía facer esperar: "¡¡Ay mi madriña que estes (os okupas) lévanse o Club Nautico ás costas!!". Agora que o desahucio está ás portas, ningunha solución mellor que a de coller e arramblar con todas as instalacións cara... eh... a ver... digamos cara as montañas austriacas: alí onde a extraterritorialidade da Xustiza española non ten alcance. Así, a visión espantosa do noso querido e tembloroso cociñeiro naviero, co seu mostachiño perpetuamente encharcado, cun pantalonciño corto, medias ata as rodillas, un sombreiriño cunha pluma,  e cun mandiliño de tradición alpina, servindo birras, viños, tentenpiés e piscolabis variados aos herrs teutónicos e contando a todo o que quixese escuitalo as desventuras da súa vida: "Meine Tochter wollte nicht wissen, etwas über diese" (Mi hija ya no quiere saber nada de esto), "Sie tat nichts falsch machen Politik es draußen nehmen" (Ella no hizo nada malo para que la directiva la echase fuera), "Ich habe zuerst viel Geld und drei aufeinanderfolgende Wahlen zu verlieren!" (¡yo antes tener mucho dinero y perder tres elecciones municipales seguidas!), "Magst du meine Haare Schnurrbart?" (¿Te gustan los pelos de mi bigote?).

Elo fixo que se lle ablandara o corazón ao redactor de Camarinas.eu ("pois nese caso, sí que lle van a meter un bo pufo a estes homiños") e cando advertía aos camioneros de que se foran olvidando de cobrar un só peso pola súa participación nunha labor bandidesca de tales proporcións foi sacado de equívocos: non, non viñan a transportar o náutico ata os Alpes bávaros: ademáis eles cobraban por adiantado. Buff, pois nese caso sí que quedaba a salvo o Club Náutico. Outra solución non tardou en acudir ás mentes camariñescas: ah, claro, con tres ou catro anos de retraso por fin a Xunta de Galicia ía materializar o 5% do prometido por un tal Álvarez Campana (que non Campaña, desgraciadamente) e daría final postrero ás obras do Muelle Novo. Xa se frotaba as mans un redactor que vía saciada a súa alma de xubilado prematuro (que boas xogadas inxenieriles podería comentar alí a pe de obra con outros profesionais deste ramo) e aseguraba así o relanzamento da sección de obra pública do medio no que colaboraba, tan decaída últimamente. Pero, non, tampouco, ao parecer a finalización do alargamento do espigón do Muelle Novo quedaría para a previa das eleccións autonómicas do 2016.

Entón, perdida toda esperanza, e víctima dun caos de imprevisibles proporcións o redactor acabou por preguntar pero a ver si non vides a roubar o CNC (a roubar máis, queremos decir), non vides a rematar a obra do Muelle Novo, ¿a que carallo (con perdón) vides vos aquí? A resposta foi desalentadora: eles acababan de vir de facer unhas operacións de mantemento nunha eólica xigantesca das existentes no Parque Eólico do Cabo Vilán e tras aparcar no Muelle Novo por ser o único lugar adecuado para albergar a aparatosidade das grúas tiñan intención de ir comer a algún dos restaurantes da vila. E aquí foi onde acabou por abrirse paso a idea máis descabellada: todo foi revivir aquel episodio dos Simpson no que Homer ilustraba ao seu fillo Bart sobre un dos maiores espectáculos da natureza e no que sostiña un duelo a vida ou morte no asador "Slaughter House" (El Matadero), aquel onde sacrificaban ante os seus ollos a vaca que sinalara o cliente e este podía comela enteira, cun camioneiro por ver quen era capaz de papar un Don Solomillón, un filete de sete kilos, dunha sentada: combate do que Red Barclay ("el mejor camionero de la historia") non saía con vida. Ante o cadáver obeso do atleta caído Homer prometía solemnemente completar o seu viaxe final a Atlanta. Pois xa que así estaban as cousas, sacado por ata dúas veces dun erro fatal, humillado nunhas prediccións desacertadas, nese caso tan só quedaba rememorar aquela batalla titánica, heroica, de dous gladiadores enfrontados con un cuchillo e un tenedor ante a mesa dunha churrasquería. Así Camarinas.eu reviviría unha loita marcada por un "Don Solomillón" da que tan só podería saír un con vida e, entón, victoriosos, ante o corpo caído en combate fatal do camioneiro vencido, tan só quedaría como posibilidade honralo tomando os mandos da grúa e levando o seu camión cargado de alcachofas e inmigrantes ilegais mexicanos ata...eh...a ver... digamos ás montañas austríacas. Sí, ata algún club náutico fluvial de carretera onde un camareiro de pantalonciño corto, medias ata as rodillas, sombreiriño cunha pluma, mandiliño de tradición alpina e mostachiño perpetuamente enchoupado servira risueñamente birras, viños, tentenpiés e piscolabis variados.

Comentarios   

imaginacion
+3 # A diegoimaginacion 23/11/2012 19:09
Eso es tener imaginación a tope,nada, nos van a llamar el Pedro Almodovar este y nos va a contratar para hacer guiones para sus películas,yo voy siempre que tengan buenas hembras y no era mala idea que se llevaran el náutico, así se acababa una de los culebrones o series mas largas y cotizadas del mercado y después desde el Disque teníamos mas vista
Denunciar ante o administrador
redolor
+2 # RE: Un convoy de supergrúas en Camariñasredolor 23/11/2012 19:14
que malos sois y esos camioneros sin saber nada,vaya historias le montáis,pobriño s(los camioneros)ya comerían bien pues llevar esos camiones hay que ser fuertes
Denunciar ante o administrador
gabriela
+2 # RE: Un convoy de supergrúas en Camariñasgabriela 23/11/2012 20:34
pois eu pensei que era po porto,que o ivan arrejlar,eran ven jrandes,pero polo menos sacounos un cacho do aburrimento,ay que cousa tan jrande e cantas rodas tiña,Dieguiño,n on atinastes no estas mui lonse
Denunciar ante o administrador
Beldoña
+3 # RE: Un convoy de supergrúas en CamariñasBeldoña 23/11/2012 23:11
A lo mejor intentaron llevarse el faro para montarle una eólica que, también, sería una buena idea. Iluminaría la mente de muchos políticos ,y les daría más aires para volar.
Denunciar ante o administrador
Un amigo
+3 # RE: Un convoy de supergrúas en CamariñasUn amigo 24/11/2012 15:12
Tranquilo diego que en 8 ou 10 dias estan aqui de volta o mesmo equipo
Denunciar ante o administrador
para Diego
+1 # RE: Un convoy de supergrúas en Camariñaspara Diego 24/11/2012 15:44
si hace falta ingenieros y arquitectos tu avisa,que te los tengo para dentro de 8 o 10 días,la operación tiene que ser bien dirigida,sacamo s todo lo que haga falta y hacemos un náutico nuevo con todo nuevo,a estrenar,como se dice virgen,
Denunciar ante o administrador
un de xaviña
+1 # RE: Un convoy de supergrúas en Camariñasun de xaviña 24/11/2012 15:46
si fixerades o nautico e a piscina e un campo de futbol en xaviña era millor pa todos,e o tanatorio tamen,os de xaviña nunca piamos nada somos calados e so valemos pa traballar
Denunciar ante o administrador
un de xaviña
+2 # RE: Un convoy de supergrúas en Camariñasun de xaviña 24/11/2012 16:55
Diego dille que mentras tanto que traian os inxenieros e arquitectos pra Xaviña e que vaian facendo os planos,so se acordan de xaviña cando e dos berberechos
Denunciar ante o administrador
outro de xaviña
+1 # RE: Un convoy de supergrúas en Camariñasoutro de xaviña 25/11/2012 11:52
Es verdad los de Javiña,solo valemos para trabajar,le damos a todo,solo tenemos un problema,estamo s caladiños como paspans,asi non adiantamos,si queremos algo lo hasemos con el dinero de los montes,hasemos pistas,parque y todo lo hasemos nosotros,debiam os de hacer una granja de burros,mi tartabuelo estuvo en buenos aires mi bisabuelo tambien,mi abuelo lo mismo,y aun le debemos dinero a Cataluña,non entendo nadita,pero no hay quien haja numeros
Denunciar ante o administrador
cartiños pro banco
+2 # RE: Un convoy de supergrúas en Camariñascartiños pro banco 25/11/2012 13:03
Cos cartiños que temos os de Xaviña no banco comprabamos media España e parte do extranseiro,per o non fasemos nada solo encher o peto,e cos nosos cartos fasen ricos outros,
Denunciar ante o administrador
moncho de dios
+2 # RE: Un convoy de supergrúas en Camariñasmoncho de dios 25/11/2012 14:11
A los de Javiña que por cierto de ahi era mi abuelo Ramón Dios Allones y también estuvo en Buenos Aires,nos quedamos sin nada Banco Pastor,vendido a banco popular,Endesa a Gas natural de Cataluña Fadesa a Martinsa,las cajas de ahorros empufadas y deben 7.000.000 de euros.......No sois los de Javiña los que no valéis para nada,vosotros según vuestro entendimiento lo hacéis bien,no es por vosotros que España este endeudada,¿por quien sera?queremos pasar de la política y los que no pasan hacen lo que le da la gana
Denunciar ante o administrador
Luciano Agudo
+3 # RE: Un convoy de supergrúas en CamariñasLuciano Agudo 25/11/2012 19:39
Y no hablais de la ganaderia ni de las cuotas lecheras que les msale mas caro producirla que lo que le dan por ella,eso si que es una ruina,teniamos que comprar leche gallega y no de fuera
Denunciar ante o administrador
a los de Javiña
+3 # RE: Un convoy de supergrúas en Camariñasa los de Javiña 25/11/2012 19:42
no se como decirlo,seguram ente tendreis mucho dinero y ojala asi sea pero yo no veo muchos bancos en Javiña,mirar en este mundo alguien tiene que trabajar para otros poder pasear
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.