- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 19 Decembro 2007 19 Decembro 2007
Marinero en Tierra

Recordando o libro de versos do gran poeta Rafael Alberti, tan querido e admirado polo noso Guerreiro Poeta, digno sucesor do mesmo cando colle na súa man dereita a pluma, Mikel durante unha semana terá que ser un mariñeiro en terra. Na foto podemos observar o estado no que se atopaba hoxe a embarcación de Mikel "Jema", despois de que onte ás once da noite e debido a un forte temporal que o sorprendeu no medio da ría e que deixou o pobo sen luz durante unha hora (cousas do cambio climático...según os entendidos, claro), estivera a punto de zozobrar e naufragar no medio da escuridade tenebrosa na que se convertira a súa querida e coñecida ría de Camariñas.
E aquí é onde queremos resaltar o carácter camariñán de unión, solidaridade, e altruísmo que é un dos motivos que impulsan a actividade diaria desta páxina. Así, tivo que ser un mariñeiro novo pero tamén experimentado, Javi de Nita, o que acudira raudo a evitar que Mikel naufragara. Despois xa en terra e tras evaluar os danos que sufría o motor e que farán que estea varado máis dunha semana co que eso supoñe nestas datas próximas ao nadal, vitais para a economía familiar dun humilde e valente mariñeiro, despois de todo isto decimos chegou a avalancha de solidariedade e agradecemento do pobo de Camariñas por todo o que Mikel fixo nestes últimos meses. Ata seis mariñeiros lle ofreceron a súa axuda, prestándolle todo o que sexa menester: o motor, a embarcación, os aparatos, todo para evitar que Mikel non deixara os seus aparellos no medio do mar. Carlos "O Rubio", Juan "O Caracol", Pepe Tibursio, pai de outra usuaria de camarinas.eu, Domingos de Paca irmán do noso querido usuario Machote, Jose "Rancho Junior", o Jordo (home de Alba e tamén usuario de camarinas.eu), etc... camarinas.eu desexa que aínda que Mikel non teña a pluma na man para escribir nesta web, teña, sobre todo, a man nos tramallos para levar o pan a súa casa.
Comentarios
al sol, como si mi cuerpo
fuera el jirón de una vela.
Exprimid toda mi sangre.
Tended a secar mi vida
sobre las jarcias del muelle.
Seco, arrojadme a las aguas
con una piedra en el cuello
para que nunca más flote.
Le di mi sangre a los mares.
¡Barcos, navegad por ella!
Debajo estoy yo, tranquilo.
(suerte poeta)
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.