1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

O noso querido amigo Juan, un ods protagonistas das capturas masivas de melva

Despois de centos de anos o Porto de Camariñas vira chegar practicamente todo tipo de capturas masivas a bordo dos barcos acollidos á súa protección. E nembargantes nas primeiras horas deste xoves 15 de novembro de 2012 unha especie un tanto desacostumada, cun historial non demasiado lonxevo na súa lonxa, facía unha entrada triunfal a bordo de ata seis embarcacións camariñanas. Tratábase da melva, un peixe azul da mesma familia que o atún ou a xarda, dunha carne firme e compacta, cun tamaño medio de 55 cm, aínda que en ocasións poidan chegar algúns exemplares ao metro, e cunhas propiedades nutritivas moi apreciadas, en especial como excelente fonte de proteínas e minerais como o magnesio, o fósforo, o ferro e o iodo, e vitaminas.

Nun intre o Muelle Novo abarrotouse de caixas de melva. Un gozoso ir e vir constante que denotaba a importancis da captura dun peixe que non ten polo de agora tope algún e que conlevou que se cargara a man na pesca do mesmo. O seu destino presumible parece estar en Andalucía, onde é moi cotizado polas conserveiras. Así, o precio que acadou na rula camariñana chegou aos 65 céntimos-kilo. Porto referente en Galicia, cun patrimonio naval que non fai senón crecer pouco a pouco con patróns e armadores valentes, serios, que apostan firme por unha vila e por unha tradición, por un estilo de vida en definitiva, a flota de Camariñas reconvírtese e conquista novos caladoiros, novos mercados, nunha loita competitiva na que parece non ter rival.

Comentarios   

desde Camariñas
+3 # O mardesde Camariñas 16/11/2012 12:04
la gran inversión de Camariñas,mar y canalizar todos los productos sacandole la máxima rentabilidad,lo s japoneses copiaron muchas ideas nuestras, quizás ahora nosotros tengamos que copiar de ellos.Una alegría.
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.