1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Tedín, María, Mari Carmen e Rosita os autores desta boa iniciativa

Despois dunha labor concienzuda e perfeccionista, xa está rematado o acicalado da Caseta de Información Turística. Como se dos grandes mestres impresionistas se tratase José Tedín, María Martínez, Mari Carmen Diéguez e Rosa Mouzo tomáronse o seu tempo para elaborar unha obra pictórica de relevancia, que tomando prestadas fotografías de Diego Alonso Freire, recrea inmortais motivos camariñáns como o Faro Vilán ou a Festa do Carme, representada polo gran director da Danza de Arcos, Manolo Ageitos.  Un fresco que transpira forza e xuventude e que servirá para adornar e embelecer un Paseo Marítimo de Camariñas que xa se pode ir olvidando de inversións de administracións de superior relevancia ata o Día do Xuizo Final.  Porque acerca do prometido, aquel pomposo Programa de Actuacións Camariñas Século XXI, si te he visto no me acuerdo.

Por elo, estes catro exemplos da mellor xuventude camariñana puxéronse mans á obra para, de xeito desinteresado, altruista, filantrópico, mellorar a imaxe que transmite a vila da súa alma. E eso que nós aquí en Camarinas.eu estábamos observando se con todo o inmenso, oceánico, tempo libre ao seu favor, ben comido, ben bebido e ben vestido polas súas dúas mucamas o maxistrado do peito palomo, o gran gigoló político da Costa da Morte, se animaba a botar unha axudiña e se achegaba a dar un par de mans de pintura á nosa querida e maltratada casetiña turística. Pois nada querido accionariado apolítico e independente de Camarinas.eu, a este home a preguiza e a falta de traballo xa o botaron a perder definitivamente: si fora destruir, derribar a casetiña en beneficio propio (levar as tablas para casa, quen sabe) ahí seguro que non fallaba, o home que timou ao Concello de Camariñas co cartel máis escandalosamente caro da historia da Mostra do Encaixe (porque artísticamente non valía un peso e polo precio, o propio dun intermediador de obras alleas). Pero eso era antes: antes de que empezara "a persecución", antes de quedar sin un só cliente (a outra persecución) e ter qe adicarse como única profesión "a unha actividade política que me apasiona", antes de que o Amo quedara arruinado por completo e se acabara o endilgarlle sablazos. Ay, Camariñas, o gran pobo recolledor: o peoriño que ande por ahí adiante, o que non o queiran nin para escombro, nunca lle faltará un plato de sopa quente co que sobrevivir (sen traballar) na nosa amada vila.

Comentarios   

un de eiquí
+2 # el trabajadorun de eiquí 04/10/2012 13:57
yo conozco bien a ese pajaro, ba ir trabajar ba ¡¡si no le doliera el lombo¡¡ el prefiere vivir a conta de la politica. y dela mujer y la suegra claro ¡¡ay que vividor prejeseiro¡¡
Denunciar ante o administrador
perjeseiro
+3 # RE: Acicalado da Caseta de Turismo IIperjeseiro 04/10/2012 18:50
enorabuena os que pintaron a caseta si señor q bonitas q están ahora da justo pasear polo paseo. o que siempre esta indignado e o seu amijo o pufista dijolles unha cousa:vai traballar perjeseiro vajoooo jajaja
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.