5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (1 Vote)

Manuel de Lin xunto ás redes do Riobao Uno no espigón camariñán

Primeiro, contan os máis vellos do lugar, na época de Franco podíase durmir ca porta da rúa aberta. Despois, chegaron os anos oitenta e unha vaga de roubos en domicilios maiormente vinculados ao consumo de estupefacientes xa obrigou a pechar as portas, encher de reixas as ventanas dos baixos e primeiros pisos e de alarmas galpóns e garaxes. Pero a cousa aínda se ía levando ata que chegaron os tempos nos que se rouba á plena luz do día nasas no porto, bicicletas ás portas mesmas das casas e redes enteiras ou por partes amparados polas sombras da noite.

E así á luz dos feitos tristemente acaecidos na madrugada deste domingo 30 de setembro de 2012 xa nos podemos ir tamén olvidando dun clásico camariñán, aquel que viña constituido polas redes do cerco que repousaban tranquilas e inofensivas durante anos no Muelle do Curbeiro e no Espigón. Unha imaxe de toda a vida chamada a desaparecer pola ola de latrocinio que invade todos os ámbitos da nosa vida. Unha plaga de roubo incontrolado que comenza nas altas esferas da política, colle vuelo polas medianas e pequenas e que remata ca sustracción dunha humilde rediña no destartalado e ruinoso Espigón camariñán.

Recentemente Manuel Campaña Carril, Patrón da embarcación do cerco "Riobao Uno", sacou fóra do mesmo parte da súa rede para que ao longo desta semana redeiras de Malpica procederan a coserlla. Púxoa enriba do Muelle do Espigón. Hoxe pola mañán fui a mirar como estaba e xa constatou con desolación que desaparecera parte da mesma polo que cara ás 16:00 horas acudío ao Cuartel da Guardia Civil a interpoñer a correspondente denuncia. Preguntados por Camarinas.eu varios veciños que estaban esta noite no muelle aos calamares contan que ata as dúas da madrugada, hora na que procederon a retirarse, non viran nada estrano, polo que a sustracción das redes debío ter lugar a partires desa hora. A todo esto, a parte da rede desaparecida está valorada nuns 700 euros, ao que deberá engadirse o custo que suporá agora repoñer outra nova. Pero tal vez o máis dañino de todo, peor que o valor económico dun pequeno roubo, é a sensación de inseguridade, de ruina total e absoluta, que se empeza a apoderar perigosamente das nosas vidas.

Comentarios   

AJAB
+2 # RE: Roubo de redes no Espigón CamariñánAJAB 02/10/2012 15:37
Haberia que meter una cámara de vixilancia no espijón sobretodo tendo os veciños okupas ó lado.
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.