- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 19 Setembro 2012 19 Setembro 2012

E se o visitante británico ficou abraiado ca beleza da actual de Camariñas que tal lle acontecería se seguindo os pasos da escritora, etnógrafa e fotógrafa norteamericana Ruth Matilda Anderson visitara a Vila das Palilleiras alá pola década dos 20, antes de que a piqueta urbanística do "ti fai", o feísmo arquitectónico no seu estado máis puro, se cargara dunha vez e para sempre o que era o máis fermoso dos pobos da Costa da Morte, tal vez de Galicia, co seu indistinguible aire mediterráneo de casiñas brancas, o seu coqueto Poso do Muelle e un areal urbano que hoxe convertiría a Camariñas nun pequeno remedo atlántico da Costa Azul francesa. Con todo, xa vimos épocas peores e tal e como vaticinaba Camarinas.eu no seu momento a execución das fases existentes do Paseo Marítimo (das outras, aquelas prometidas a bombo e platillo por Álvarez Campana, que non Campaña, e os seus palanganeros locais, desas mellor que nos vaiamos olvidando) estaban chamadas a convertir á nosa vila nun dos principais puntos de atracción turística de Galicia. Deste xeito pouco a pouco o van recoñecendo aqueles visitantes foráneos que se achegan ata a así chamada "La Tacita de Plata" da Costa da Morte e fican desarmados pola súa beleza e elo a pesares de que por mor da neglixencia criminal de Portos de Galicia o Paseo Marítimo ficara nun estado de abandono semisalvaxe durante todo o verán, ca imaxe que elo proxectou a miles de turistas, non sendo ata finais de agosto cando se lembrou de arranxar aquelo que era da súa competencia. Pero aínda nin así, abandoada por todos a súa sorte, queda a nosa Camariñas núa dunha beleza tan absoluta capaz de desarmar ao máis viaxado reporteiro británico.
http://www.telegraph.co.uk/sponsored/travel/galicia/
