1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Ramón Cabrejo cunha das súas obras máis queridas: A maqueta do Castelo do Soberano

Cando alá polos anos 70 o camariñán Ramón Cabrejo Triñanes desempeñaba tan felizmente en Suiza as súas labouras profesionais no mundo da construcción estaba lonxe de imaxinar que pasados uns anos e superada unha extrema proba de superviviencia que lle estaba por deparar o destino, chegaría a convertirse en todo un artesán que elevaría a obras de arte as reproduccións a pequena escala dos grandes monumentos do seu concello da alma e que unha longa lista de solicitudes requerirían os seus servizos. Maquetas exactas, perfectas, do Faro Vilán, do Cemiterio dos Ingleses ou do Castelo do Soberano. Coñece da man de Camarinas.eu as vicisitudes dunha vida que acabaron por crear ao gran artesán do maquetismo en Camariñas.

Ramón Cabrejo Triñanes. Nacido o 27-4-45. Marcha para Suiza no ano 1970 a traballar no sector da construcción. Ao pouco tempo convírtese nun un arbañil moi apreciado, chegando incluso a cobrar un franco máis por hora cos oficiais. Pasan así tres anos para despois marchar a Reconvelier. Un día vai de compras cos compañeiros e nun paso de cebra un coche tripulado por cidadáns de orixe arxelina a 120 por hora nun lugar delimitado a 50 leva por diante a Moncho resultando terriblemente ferido. A resulta das graves feridas quedará en estado de coma tres meses. A súa muller que está en Camariñas recibe un aviso da embaxada xa lle comunica que se prepare para viaxar a Suiza a recoller o cadáver do seu marido. Nembargantes e para sorpresa de todos, ao final e con 26 anos Moncho supera esta proba de supervivencia extrema e recupérase pouco a pocuo do fatal accidente. Consecuencia das gravísimas feridas vese obrigado a coller a baixa permanente.

Retornado á súa vila natal, dende xa hai uns cantos anos adícase a facer maquetas dos edificios máis emblemáticos do concello como o Faro Vilán, o Cemiterio dos Ingleses ou a espectacular maqueta do Castelo do Soberano. Xa ten feitos innumerables maquetas para un amplio abanico de solicitantes e así, por exemplo maquetas do Faro están no Club Náutico de Camariñas ou foron expostas nunha edición da Mostra do Encaixe.

Felizmente casado con Dolores López, ten dous fillos Moncho e Marcos e dous netos (de Moncho) e un que está por vir (de Marcos).

Si alguén quere pasar a contemplar o resultado da obra do máis grande artesán maquetista camariñán, as súas maquetas atópanse expostas na súa vivenda familiar na Travesía Calvario, número 10, e os teléfonos de contacto son: 981 73 61 92 - 610 022347.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.