- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 02 Agosto 2012 02 Agosto 2012
Nos bos tempos do servizo tampouco era que houbera moitos taxis en Camariñas pero é que das dúas únicas licenzas de taxi actualmente en servizo unha delas sae á venda por xubilación do seu titular. Os interesados en adquirir a citada licencia e evitar deste xeito que a Vila das Palilleiras quede cun único taxi operativo poden chamar aos teléfonos 639 96 74 50 e 981 73 64 46. Nestes tempos e crise agónica e terminal e de paro desbocado, vendo que temos aos mandos da nave española á mesma clase política desvergonzada culpable de desvalixar o país e levalo á ruina, en principio non parece mal negocio, sobre todo se temos en conta que o que é competencia non vai haber moita, e ademáis á vista da caída en picado das ventas de automóviles...
Polo tanto aquí en Camarinas.eu visto que xa non queda moito para que sexa desahuciado para sempre do Club Náutico e a ver entón de que imos a vivir, vendo as súas limitadas habilidades, esperando que dunha maldita vez os seus superiores en vez de recortar soldos de empregados públicos e prestacións e servizos aos cidadáns poñan fin á tomadura de pelo que supón o seu soldazo na Deputación Provincial (a cambio da noble labor de andar tirado polos bares), pois co mellor dos desexos recomendamos ao noso querido cociñeiro naviero e okupanáuticos profesional que non o dubide e faga unha boa oferta pola licencia en cuestión. Deste xeito poderá emular aos taxistas afganos e pakistaníes da cidade New York e, cun turbante na cabeza e música oriental de fondo, mentras conduce poderá ir asesorando aos clientes dunha forma tan impecable e xurídicamente experta como soe facer durante as súas extenuantes xornadas de traballo na Deputación, onde non se move un só papel sen o seu visto bo. Agora, eso sí, este é un posto de traballo que esixe unha certa sobriedade e abstención alcohólica e borracheril e tal vez por ahí poidan vir os problemas. Amén de que posiblemente o vendedor, coñecendo o percal, vai esixir o pago por adiantado e en cash e polo tanto ahí xa te podes ir olvidando de tratar de endilgar un enésimo pufo, querido asaltador de negocios. É o que ten vivir nun pobo: que aquí nos coñecemos todos, pero sigue probando que algún papanatas (incluso a estas alturas da película) non che ha de faltar.

Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.