- Escrito por Lara Lara
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 13 Xuño 2012 13 Xuño 2012
Lara Pasantes Campaña, unha fermosa e intelixente camariñana, recén Diplomada en Arquitectura de Interiores pola Escola Superior de Arte da Coruña presenta a iniciativa de Camarinas.eu ao máis numeroso público cibernético da Costa da Morte o que foi o seu Proxecto de Fin de Carreira: un espectacular vídeo que amosa o uso do Faro Vilán como centro de Interpretación, como ámbito de exposicións diversas, un espacio en definitiva adicado ao universo cultural do noso ámbito territorial. Unha reorganización de interiores ambiciosa e vanguardista do máis célebre monumento camariñán que non deixará indeferentes, manifestación do talento desta xoven e experta palilleira asidua participante da Mostra do Encaixe e de diversas demostracións que despois de diplomarse como Técnica de Farmacia unha vez superado o bachiller decidío acometer desafíos de maior envergadura ingresando na Escola Superior de Arte da cidade herculina. A primeira proba da súa creatividade, a mostra do que espera en breve demostrar no mundo profesional unha vez que atope ese ansiado posto de traballo que anda buscado, tan só en Camarinas.eu.
Pídenme os redactores de Camarinas.eu que escriba, agora que xa estou diplomada pola Escola Superior de Arte da Coruña, un pequeno texto acerca do que fui o meu Proxecto Final de Carreira (PFC). Unha cousa debo recoñecer antes que nada: dende o momento no que entrei na Escola e me enterei de que para poder diplomarme tiña que facer un PFC, xa sabia que ía a facer un edificio de Camariñas e de entre eles estaba o Faro. Así, sempre que tíñamos que facer un traballo de temática libre, collía un edificio de Camariñas e relacionábao co encaixe, co faro ou ca pesca porque era algo que a min me gustaba e a parte habia compañeiros que non o coñecían porque eran de fóra (Lugo, Asturias …) e era unha forma de promocionar o meu pobo.
En canto o PFC, a idea en un principio era facer un hotel de 5 estrellas con un bo restaurante, pero o final acordándome do que peleara Alonso por conseguir que o faro se utilizase para que a xente puidera visitalo interiormente como museo, e falando con Cristina, a súa muller, decidinme por facer un Centro de Interpretación Nacional e Internacional de Faros.
Unha vez que tiña as ideas claras, de presentar o anteproxecto ó tribunal que rexía o PFC e de que me aceptasen a idea, empecei a elaborar o proxecto. O eixe principal era conseguir que o edificio fose útil, é dicir, como un ben para o pobo, no que a xente puidese disfrutar dun “museo” propio de faros e o mesmo tempo utilizalo como un punto de información turístico da zona no que se destacaría o Concello de Camariñas e as súas artesanías, con talleres de encaixe e artes pesqueiras, nos que o turista poida aprender desde “pasar os pares” a facer unha malla dunha rede.
Trataríase dun Centro de Interpretación donde se mostre os visitantes os aspectos mais importantes do faro, información da historia dos naufraxios ocorridos nas mediacións do mesmo, ademais de divulgar información dos faros, non solo da Costa da Morte senón tamén do resto de faros nacionais e faros internacionais. Tamén se reservou un espacio para exposicións de fotografías, pinturas ou obxectos, procedentes de artistas galegos que comezan as andadas, esta zona estaría compartida con unha pequena tenda e o punto de información. Como o faro recibe muitísimos turistas cada fin de semana, sobre todo autobuses, pensei en facer unha sala de audiovisuales. Esta sala utilizaríase para ese grupo de turistas que ven con cita e na que se lles explicaría o que vai ver dentro do edificio e o que pode facer, tamén pensei que se podería usar para impartir clases. Finalmente, tamén pensei na fareira que vive actualmente no faro, polo que se fixo unha pequena vivenda con despacho na parte traseira do edificio. Esta vivenda utilizaría as escaleiras orixinais do faro, e que dan acceso a torre, quedando de esta forma aislada do resto do Centro de Interpretación. Realizar todo esto non foi tarefa fácil, xa que o edificio non está adaptado a persoas con discapacidade física, polo que houbo que instalar un ascensor e dotar ó edificio de unhas novas escaleiras. Ademais o estado actual do forxado non é moi bo polo que no proxecto constrúese un forxado novo de madeira.
Ahora, ca perspectiva que da o paso do tempo, unha vez revisado o proxecto con detenimiento, detecto cousas que cambiaría pero tamén é certo que ainda non en tres meses que hai para realizar o PFC, bastante fixen, jajaja!!! Non sei si me explallei demasiado, pero intentei non entrar muito en temas de construcción e instalacións para aburrir aos lectores de Camarinas.eu. Así que agora vos diredes.

Comentarios
Antonio Puertas
Muitas gracias!
Montaxe: Diego Alonso
De todas formas "este" agradezo moito o teu comentario.
Alberto e Lucia alégrome de que puiderades ver o proxecto e de que vos gustara :lol:, moitas gracias, de verdade.
Un saúdo a todos!
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.