1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Un dos veciños da Rúa Pinzón contempla satisfeito a reposición do firme da calzadaDecía Stalin, El Padre de los Pueblos, aquelo de "había un hombre, había un problema. Ahora no hay hombre, ya no hay problema". Aquí non chegamos a tanto: únicamente había un problema, pois ben xa está arranxado. En efecto,  tan só 15 días despois de que Camarinas.eu se fixera eco do malestar dos veciños dunha dos otrora emblemáticos viarios da Vila dos Encaixes, a Rúa Pinzón, a conta dunha pequena desfeita provocada polos operarios da Patrulla Municipal de Obras (PMO), o Concello de Camariñas tomou cartas no asunto e en menos de dúas semanas repuxo o firme da calzada a un estado de mínimo ornato público e seguridade vial, dando desta forma unha rápida e axeitada resposta ás queixas xustificadas da veciñanza. Todo aquel que dende esta semana se acerque á Rúa Pinzón verá como se rellenou o oco provocado pola instalación dunha tapa de saneamento e desaparecío a area que deslustraba a estética dunha arteria vial fundamental para Camariñas.

É de destacar a rapidez e prontitude ca que o Concello solventou o problema. Así, do mesmo xeito que se criticou a indolencia e chapucería ca que perpetrou a obra, é de xustiza agora alabar a dilixencia e celeridade na reposición do firme da vía pública. Asemesmo aquí en Camarinas.eu honrámonos en axudar na medida das nosas mui humildes e limitadas posibilidades aos veciños dunha das rúas de Camariñas a denunciar un pequeno problema que viran xurdir nas súas vidas cotidianas. Porque ese, estar ao servizo dos veciños do noso concello, é o principio fundacional de Camarinas.eu, o fío vector que guía os nosos pasos. Non o estar sumisamente ao carón de partidos políticos nin estar metendo a zarpa interesadamente na loita partidaria. Por elo debemos recordar a desacertada noticia publicada non hai moito polos nosos queridos colegas da redacción en Carballo de La Voz de Galicia na que tildaban a Camarinas.eu como "web moi crítica co Partido Popular", dando continuidade con este desastroso comentario á nefasta liña editorial ca que cubriron o golpe de estado perpetrado no Club Náutico de Camariñas, onde se dou altavoz aos delirantes balbuceos dun mentiroso compulsivo, devenido en okupanáutcos profesional e asaltador de negocios particulares, e se publicaron en pé de igualdade cas declaracións de honorables membros dunha Xunta Directiva democráticamente elexida polos socios e masivamente ratificada en asamblea.

Aquí en Camarinas.eu pensábamos que non había que ter moitas luces para decatarse de que se empezáramos a desenmascarar diante da cidadanía a líderes políticos de traiectorias empresariais ruinosas, comportamentos persoais violentos e intimidatorios e carreiras políticas utilizadas como armas ofensivas fora única e exclusivamente pola súa responsabilidade directa na ocupación ilegal e posterior golpe de estado no CNC. Se quixéramos alinearnos cun determinado partido ¿por que non fixemos campaña a favor de ningún deles durante as eleccións municipais, "La Madre de Todas las Batallas"? ¿ou durante as mais recentes eleccións xerais de novembro, onde xa nin siquera publicamos unha soa noticia cubrindo as mesmas? En verdade se tan alineados estábamos, ¿que mellor oportunidade de poñer todo da nosa parte nesas datas políticas cruciais e non agora cando non se vislumbra unha elección relevante en moito tempo? En fin, ter que andar a estas alturas, despois de cáseque cinco anos de andaina apolítica e neutral, destacando estas cousas ...

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.