1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Foto tomada por Reira de barcos de Camariñas aprestándose para marchar cara o País VascoCon tan só 20 anos, ávido de aventuras e sin chegar a sospeitar o máis mínimamente o lugar que a posteridade lle tiña reservado na historia da literatura universal, un xoven Herman Melville partía a bordo dun ballenero da flota de Nantucket cara as paradisíacas illas dos Mares do Sur. Fruto das súas viaxes nun primeiro momento escribiría obras como "Taipí, un Edén Caníbal", onde describía a súa estancia cunha tribu de aboríxenes das Illas Marquesas ou "Omú", que recolle as súas peripecias en Tahití tras desertar dun barco australiano. Anos despois chegaría "Moby Dick" e a gloria eterna... Este sábado 25 de febreiro de 2012, pasados hai xa moito os seus 20 anos, ca ilusión dun xoven petimetre e ca intención de describir en camarinas.eu tódalas incidencias da súa viaxe, un redactor da web máis vista da Historia da Costa da Morte partía cos últimos barcos camariñáns cara a campaña do Verdel no País Vasco.

Marchaban este sábado o Lago Dos e o Riobao Uno seguindo a mesma estela que nove barcos do mesmo porto deixaran nos días anteriores. Nunhas semanas, cando a flota da Vila das Palilleiras faga o tope de capturas comenzará o retorno cara o seu porto base e á diferencia daquel xoven newyorkino ao que a literatura universal lle tiña reservado un posto de honor, se Deus quere retornará o noso redactor naviero ca conciencia do deber cumprido, cun sabroso puñado de anécdotas que contar e, o máis probable, sen a necesidade de verse obrigado a desertar de barcos sucesivos, ou de convivir durante meses cunha tribu de aboríxenes canibais nin de fantasear, pasados uns anos, literariamente co duelo fratricida entre unha enorme balea branca e un despiadado capitán. ¡¡Sorte a todos e a deixar ben alto o nome de Camariñas!!

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.