1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Estas serán as gradas municipais que verán os futuros éxitos do PorteñoUnha tupida e delicada alfombra natural empeza a cubrir o leito do Campo da Grixa. Nun dos seus laterais a primeira grada cuberta da súa historia xa é unha realidade. Deberon pasar máis de corenta anos para que un dos equipos máis antigos da Costa da Morte contara cun estadio á altura da súa lenda. En efecto, esta semana pasada os primeiros tepes de céspede natural foron instalados nun dos córneres e en breve cubrirán toda a extensión cuadrangular do campo porteño, o cal esixirá para o futuro do concello, titular do estadio, un serio esforzo de mantemento que impida que a herba natural se bote a perder como xa ten acontecido noutros pastos non moi lonxanos da Grixa. Por outra banda o graderío con cantina incorporada  está xa a piques de ser rematado pola empresa adxudicataria da obra. Unha inversión que fixo posible un home que só seis meses despois das eleccións municipais xa empeza a ser botado seriamente de menos polo noso concello, un Salvador Fernández Moreda, ex-Presidente da Deputación Provincial, que debe ser canto antes obxecto da homenaxe que tanto merece polas xentes da nosa terra as cales, independentemente da súa cor política, recoñezan todo o que este home fixo por Camariñas durante o seus mandatos presidenciais. Por exemplo: a financiación da obra que logrou que despois de corenta anos o Porteño contara cun estadio á altura da súa lenda.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.