1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Adrián Lijó cara a cara ca mesmísima (e rexuvenecida) Mercedes MiláAtoparse tan só a uns centímetros da facha recauchutada, autosuficiente e tan impregnada de sabelotodismo da superestrela da TV Mercedes Milá (bastante vida a menos eso sí: ¡ay, onde van aqueles programas de xornalismo de investigación e interese social!) durante 15 programas consecutivos, eso por si só xa sería suficiente para ser merecedor dos honores de Héroe de la Unión Soviética, o Corazón Púrpura do Congreso norteamericano, o Toisón de Ouro e ser nomeado Cabaleiro de Honor da Lexión Francesa, todo ao mesmo tempo. Pero se aínda por enriba resulta que un sae gañador deses mesmos 15 programas consecutivos, deixa tirados na cuneta a máis de 50 participantes e xa, como colofón final, gaña un proba memorística propia de superdotados embolsándose por todo elo 37.000 euros, entón está claro que estamos a falar dun héroe, un titán, un coloso, un hércules, que só pode provir do Concello de Camariñas.

Este foi o caso de Adrián Lijó (veciño de Dor e irmán dunha habitual das crónicas deportivas de camarinas.eu ata non hai moito tempo: a campiona de bádminton Nerea Lijó) quen na edición deste 18 de xaneiro de 2012 do programa do Canal Cuatro, comandado pola presentadora antedita, "Dale al Rec" lograba chegar á cantidade de 37.000 euros en gañancias tras averiguar a combinación da caixa forte do programa, composta por 15 cifras de dous díxitos, despois de habela visionado durante dúas tandas de tan só uns escasos 10 segundos cada unha. Tal foi o éxito de Adrián que os rectores do programa da cadea propiedade do Grupo Prisa (bueno, agora máis ben de Berlusconi), estupefactos ante os logros do noso veciño, víronse obrigados a grabar un vídeo no que éste explica os seus trucos para explotar ao máximo a memoria. En fin, outro exemplo do que pode chegar a acadar con esforzo, atrevemento e intelixencia un camariñán, o cal, nestes oscuros tempos nos que o noso concello destaca na prensa por políticos que se adican a ocupar ilegalmente institucións privadas, non deixa de constituir un alivio. ¡¡Felicidades Adrián!!.

Comentarios   

Ícaro
+1 # ¡Menudo crack!Ícaro 19/01/2012 11:55
¡A este paso vanlle facer un programa para el sólo!
Denunciar ante o administrador
Adrián Lijó
+2 # RE: Adrian Lijó, gañador en televisiónAdrián Lijó 19/01/2012 11:56
Ola!
Son Adrián, só quería dalas gracias a toda esa xente que me estivo vendo, un forte abrazo a todos e xa nos veremos polo pobo!
E gracias por este artigo!
Un saúdo a tod@s!
Denunciar ante o administrador
Ícaro
+1 # RE: RE: Adrian Lijó, gañador en televisiónÍcaro 19/01/2012 12:12
¿Cando me invitas a unha copa, joven padawan?
Denunciar ante o administrador
Rasputin
+2 # RE: Adrian Lijó, gañador en televisiónRasputin 22/01/2012 10:18
Que Crack eres Adrian!!!
Debe de ser dificilisimo pillarlle o xeito a este tipo de programas pero ti vese que yo tes pillado. Xa solo con medo escenico eu iame pola pata macho!!
Un saludo
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.