- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 08 Decembro 2011 08 Decembro 2011
Pois a pesares do mal tempo reinante o domingo 4 de decembro, día no que se realizaba a 1ª Ruta de Sendeirismo organizada polo Concello de Camariñas ao final resultou ser todo un éxito de público. Eran sobre as 10 da mañá cando a muchedumbre de participantes iniciaba a súa andaina que percorrería gran parte do casco urbán camariñán collendo ruta hacia a Pedrosa por Mourín. Dende alí dirixíronse todos (cada un ao seu ritmo) hacia a carrtera do faro para así coller rumbo hacia o Castelo do Soberano. Un total de preto de 10 kilómetros entre os cales houbo tempo para coller forzas gracias as empresas que colaboraron co evento e ubicaron puntos de abituallamento nos cales se podía facer un alto e repostar cunhas bebidas e uns bocadillos. Ao final foron chegando ao punto de partida todos e cada un dos participantes que, ante as preguntas de camarinas.eu, animaban aos organizadores a repetir esta saudable iniciativa. E dende Camarinas.eu tamén animamos ao noso redactor Juan Cabrejo, auténtico impulsor destas agradables iniciativas e que siga neste camiño emprendido hai uns meses de unir a tódolos camariñáns realizando este tipo de actividades. Porque, ao fin e ao cabo, de eso se trata: de unir, non de dividir. Felicidades aos participantes, ás empresas colaboradoras e particularmente a Concellalía de Deportes e Cultura do Concello de Camariñas pola perfecta organización.
{phocagallery view=category|categoryid=790|limitstart=0|limitcount=0|displayname=0}
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.