1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Nova recalada televisiva no Concello de Camariñas, desta volta para firmar unha estupenda reportaxe sobre a labor exemplar que dende hai uns cantos anos levan a cabo a Escola Municipal de Palillo. Recalou si, este mércores 16 de novembro, no edificio do Centro de Iniciativas Empresariais sito na Rúa do Prado, un equipo da Televisión de Galicia e alí puido comprobar nunha aula repleta de neniñas chegadas das distintas partes do concello, como se perpetúa a arte que dou renome mundial a Camariñas. Por todo elo, non cabe senón agradecer a TVG este interese amosado polos esforzos deste numeroso grupo de rapaciñas que farán posible que xa ben adentrados no século XXI, percorrendo frenéticos os camiños do postmodernismo, Camariñas siga a ser a Vila das Palilleiras.

{phocagallery view=category|categoryid=780|limitstart=0|limitcount=0|displayname=0}

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.