- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 22 Outubro 2011 22 Outubro 2011
Hai un tempo camarinas.eu publicaba a voda dos nosos queridos amigos Pedro do Victoria e Soledad en Vimianzo. Alí casáronse rodeados de amigos e familiares ante o obxectivo da web máis vista da historia da Costa Atlántica. Nembargantes, a diferencia de calquer outro matrimonio xoven e feliz, a vida tíñalles deparado un destino nada común. Recentemente Sole participaba no programa televisivo de Antena 3 "Poker Star" (sí, ese mesmo onde de cando en vez participa algún tahur gafas de sol en ristre, pretendendo así agochar tras unha máscara de obscuridade os seus previsibles faroles) e arrasaba co primer posto. As diferencias respecto a outros destinos máis comúns comenzarían polos contrincantes que atopou no Poker Star: o grupo musical Camela, que quedou (para desgracia da nosa querida redactora Lucía) completamente desarbolado polo xogo desenrolado por Sole. Despois virían outros rivais de máis enxundia que quedaron asemesmo no camiño, tal e como puido comprobar o mesmísimo Paco González, presentador do programa.
A segunda das sorpresas ven determinada polo feito de que foi o seu esposo Pedro o que un día por aquelo de matar o aburrimento empeñouse en ensinar a Sole a xogar ao poker, cos resultados facilmente apreciables. O tercer fito constitúeo a fazaña de que Sole participou e gañou o programa ¡¡embarazada de oito meses!! Finalmente, consecuencia de todo este éxito sorpresivo e arroiador, propio sen dúbidas dunha persoa cun talento especial, innato, ata entón oculto, para a práctica do póker é que Sole en breve partirá para a meca de todo xogador máis ou menos profesional de cartas: Las Vegas, Estado Soberano de Nevada (USA), onde no medio daquel oasis de casinos, palmeiras e neón nacido un día no medio do deserto pola visión dun mafioso de tráxico destino xogará contra os mellores do mundo. Tal vez, unha vez asentada no Hotel Montecito, departa amigablemente co seu director televisivo, James Caan, aínda que tan só sexa por oírlle soltar algunha desas frases súas saídas do maxín dalgún guionista un tanto limitado: "Conozco hombres buenos que han hecho cosas malas" ou "Lo que pasa en Las Vegas, se queda en Las Vegas". En todo caso, por alá andará esta xoven vimiancesa, chegada dende un perdido e pequeno recuncho da Costa da Morte ata a que constitúe unha das máis cinematográficas cidades do mundo, ata eses lugares onde o máis grandioso Rei do Rock'n'Roll, Elvis Presley (un tanto pasado de kilos, eso si), dou os seus útimos concertos. Las Vegas: abran juego.

Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.