- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 23 Outubro 2011 23 Outubro 2011
Alá, naqueles tempos perdidos da década dos 70, foi cando se debío construir a Caseta Forestal de Reira. Vivíase entón unha era prehistórica na que por inconcebible que pareza aínda non existían Comunidades Autónomas, nin había diputados nacionais nin autonómicos nin provinciais con soldos suculentos, nin os partidos políticos nomeaban a dedo aos seus compadres para postos apetecibles nas administracións baixo o seu poder, nin había concelleiros con dedicacións parciais ou exclusivas sendo os alcaldes pobres diablos nomeados cáseque forzadamente mentras omnipotentes secretarios facían e desfacían na vida municipal ao seu antoxo. Todo se rexía daquela dende un despacho situado en Madrid, rompeolas de todas las Españas, ou como moito nalgunha das súas delegacións territoriais. Foi entón, como decíamos, cando alguén no Instituto para la Conservación de la Naturaleza (ICONA) decidío protexer os montes de Reira, de Brañas Verdes, de Xaviña, de incendios incontrolados e acometeu a construcción dunha Caseta Forestal que aínda agora, corenta anos depois, ahí sigue, vixía eterno dos montes camariñáns. E todo elo sen necesidade dunha cohorte política nin dun exército administrativo.
ICONA hai tempo que está finiquitada, o centralismo administrativo foi sustituido polo café para todos autonómico, pero polo que se ve (xa fora nas épocas do Touriño presidente, xa sexa co recentemente acontecido nas aldeas de Ourense) non parece que os nosos montes deban sentirse máis protexidos. Ao fin e ao cabo non deixan de ser os mesmos cans (con perdón para os fieis e sublimes cánidos) con distintos colares. Sen dúbidas conformaríase a masa forestal española con que aquela frase de que todo ía cambiar para que todo seguira igual fose certa.
Vestixio do pasado, impregnada daquel aire de inocencia e ilusión colectiva propio da época na que naceu, sempre orgullosa e digna, constitúe un pracer para camarinas.eu acercarse ata a Caseta Forestal abandonada de Reira, xa sexa para adicarlle unha preciosa oda literaria, unha nova galería fotográfica, para acompañar a un equipo de fútbol debutante no mundo da competición federada ao que constitúe o seu auténtico santuario espiritual ou para achegar ata as súas ruinas a un canciño impertinente e ladrador para que contemple unha das vistas máis maravillosas da Terra. E facémolo tranquilos, confiados en que ningún lume traicioneiro e devastador nos sorprenda pola espalda, porque alí, en pleno corazón dos montes de Reira aínda que abandonada hai xa bastantes anos por esas mesmas administracións que viñeron a substituir aqueles tempos prehistóricos e bárbaros, vela por nos o espectro, o espíritu, a alma de quen sempre protexerá ca súa presencia ameazante á flora e fauna de Camariñas
{phocagallery view=category|categoryid=763|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=2}
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.