- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 13 Outubro 2011 13 Outubro 2011
Co visto bo de Augas de Galicia, dende hai uns días uns cantos veciños da Ponte do Porto andan adicados en corpo e alma á limpeza do Río Grande. Cando a marea baixa e un tenue fiíño de auga descende polo cauce fluvial camiño do mar unha pequena brigada porteña entra en acción e todo ilusión empeza a remover o lixo deixado por ducias, tal vez centos, de anos de abandono. Por atopar ata atoparon un bombín de bicicleta daquelas épocas nas que varóns mostachudos en triciclos de rodas dianteiras xigantes daban as primeiras pedaladas da historia na Costa da Morte. Incluso prometen a búsqueda do casco do centurión romano que dirixío as obras da construcción da ponte milenaria. Por outra parte, como era fácilmente predecible tratándose da Ponte do Porto, estas historias soen acabar unha vez que o traballo está feito cunha comellada antolóxica onde é de esperar que os espirituosos corran a torrentes. Como a torrentes voltarán a correr as augas do Río Grande, libres por fin de toda a inmundicia que as aprisionaba durante estes longos anos.
{phocagallery view=category|categoryid=761|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.