- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 10 Outubro 2011 10 Outubro 2011
As vitrinas laureadas do Café Bar Arnela dende hai uns días teñen un novo compañeiro. Entre camisetas do mellor futbolista camariñán da historia, as botas que acadaron un ascenso á Segunda División A, trofeos de futbito das épocas de Soto como commander-in-chief do local paradigmático de Corea, portadas enmarcadas de camarinas.eu e cartas marinas da Costa da Morte, un impresionante cuadro de nudos mariñeiros reluce con dereito propio entre tanto esplendor. Semellante aglomeración de gloria colgada polas paredes non amedrentou ao seu autor, Carlos Carril López, popularmente coñecido na Vila das Palilleiras como "Morea", que elexío o Arnela á hora de sacar a pública subasta o mellor exemplo do seu talento de artista. Non contento co seu posto vitalicio de segundo arqueiro da Danza de Arcos de Camariñas, Carlos O Morea elabora un afiligranado cuadro de nudos mariñeiros a adxudicar en público concurso mediante a venta de rifas entre as muchedumbres afameadas e sedentas que ateigan semana tras semanas un local convertido en leyenda.
Inicialmente concebido como bar de supervivencia construido a base de materiais de derribo; convertido co pasar dos anos no que foi o xerme e orixe do mellor restaurante da historia de Camariñas; rebasada hai tempo a categoría de local de encontro dos veciños do Distrito de Corea; instituido por aquelo das casualidades da vida en redacción da web máis vista de tódolos tempos na Costa Atlántica (fogar que foi, é e será esperemos que por moitos anos, toda unha vida, deses mesmos redactores xornalísticos), o Café Bar Arnela segue a queimar etapas e traspasados os umbrais anteriormente descritos irrumpe no elitista mundo das galerías de arte disposto a competir con Sotheby's (New York) ou Christie's (London) ca pública subasta da mellor arte popular camariñana, obra dun mariñeiro con alma de artista, lista para adxudicar ao mellor postor. En realidade, ao posuidor da mellor rifa.

Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.