1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
José Manuel recén chegado do seu triunfo apoteósico en CorcubiónA deste sábado 24 de setembro de 2011 foi unha xornada de sorpresas no Café Bar José Manuel. A primeira que experimentou a abigarrada multitude que cara as 20.00 horas se agolpaba no interior do templo emblemático do madridismo camariñán foi non atopar ao frente da nave branca ao seu director de orquesta, José Manuel Rodríguez Tajes, misteriosamente desparecido nas vísperas dun encontro que se presentaba como vital para o futuro do equipo da súa alma. A segunda producíase aos 15 segundos de partido cando Michu, o home que condenou ao Celta de Vigo co seu penalty marrado a outro ano de inferno na Segunda División (ben acompañadiño esta tempada do Deportivo da Coruña, eso sí) e que como premio recibío unha fichaxe por un equipo de primeira, marcaba o gol máis tempraneiro de toda a historia do Santiago Bernabeu.

A terceira das novidades, que a estas alturas da tempada xa non constitúe ningunha sorpresa, foi o lamentable xogo desenrolado polo Real Madrid no que restaba de primeira metade de encontro: un impreciso deambular sin sentido polo campo adobado de cando en vez con periódicos sustos infrinxidos por un atrevido Rayo Vallecano. Tampouco constituío unha gran novidade constatar como aquelas voces illadas que a tempada pasada clamaban contra Mourinho "e os da súa tribu" convertíranse co pasar do tempo nun clamor entre o madridismo camariñán. Verdadeiramente a deste pasado sábado 24 de setembro non era un boa xornada para que calqueira dos nosos queridos veciños lusitanos se dese un bordeo polo José Manuel.

Finalmente a derradeira da batería de sorpresas que deixaron abraiado ao persoal maiormente sufridor habitual do gran santuario madridista da Costa da Morte acaecía mediada a primeira e lamentable parte do encontro que enfrontaba ao Real Madrid co Rayo Vallecano: procedente de Corcubión facía acto de presencia José Manuel Rodríguez Tajes cun trofeo na man. Tratábase da IX Carreira Popular Vila de Corcubión onde cuns rexistros máis propios de Emil Zatopek ou do mesmísimo Abebe Bikila José Manuel na proba para participantes maiores de 50 anos pulverizaba tódalas marcas e acadaba o primeiro posto, un trofeo que lucirá dende agora e para sempre nas vitrinas do museo do madridismo de Camariñas e 75 euros de premio como gañador da proba.

E nembargantes, saboreador, a semellanza do seu amado conxunto branco, dos máximos laureles, unha vez resituado no seu posto de combate a vida seguío o seu curso lento e cotidiano: mentras os goles da Gloria Branca empezaban a caer un tras outro como quen non quere a cousa a través da pantalla xigante hiper-mega-ultra-pixelizada de 55 pulgadas, José Manuel bebe un par de rápidos Aquarius cos que calmar o cansancio, sirve unha man de gin-tonics preparados apresurada pero sabiamente por un home cunha bagaxe de máis de 30 anos de experiencia no oficio, e sen tempo para o descanso, ca soidade propia do corredor de fondo, comenza a pensar xa na proba que para a mañán do día seguinte o espera en Arteixo: unha XIII Carreira Popular onde espera repetir a cadea ininterrumpida de éxitos que comenzaron na sorpresiva tarde dun sábado 26 de setembro de 2011.

{phocagallery view=category|categoryid=753|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1|displayname=0}

Comentarios   

Dani Cabrejo
0 # RE: IX Carreira Popular Vila de CorcubionDani Cabrejo 06/10/2011 07:28
Enhorabuena a José Manuel. Todo un ejemplo de superación. Gente así debería ser la referencia para nuestros jóvenes
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.