1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Os nenos do barranco onde apareceu Fuise para sempre. Eran as 11 da mañá cando na redacción de Camarinas.eu se recibía a chamada dunha atenta usuaria da nosa web que nos alertaba do avistamento dun pequeno cetaceo que vagaba malferido e á deriva entre as correntes próximas ao barranco da Calle Vulcano sita no paradigmático Barrio de Corea en Camariñas. Cando chegaron os pertrechos e as cámaras de Camarinas.eu 7 horas depois a eso das 8 da tarde (cousas de estar o Café Bar Arnela cerca do lugar de autos) xa o pequeno ser mariño acostumado a pescar xoubas polos arredores do barrio camariñán estaba xa inmerso no medio dun cheiro insoportable e en avanzado estado de podredume, así como con graves síntomas de ser terriblemente axusticiado. Un ser alegre e xovial acababa de ser salvaxemente moido a paus literalmente polos pandullos próximos. Os nenos que xogueteaban arredor da zona do sinistro non podían conter as lágrimas (como pode verse na portada desta noticia) por ver á súa querida mascota que tanto se acercaba á costa para xoguetear con eles no medio de semellante charco de sangue.

Segundo os comentarios dos veciños por alí presentes non se desbotaría a remota posibilidade incerta (e nunca creida nin confirmada por esta redacción) de que este ser mariño, en apariencia xovial e alegre, se tratase do temido e despieadado redactor da web dos Socialistas de Camariñas así mesmo denominado "O Lorcho" e que, cousas da vida, acabou os seus días nun suposto terrible axuste de contas pola simple razón de escribir un cómico e desternillante artigo sobre os soldos multimillonarios que a nova dirección ou presidencia (un xa non sabe nin como chamarlle) dunha deputación próxima reparte alegremente en tempos de crise extrema entre os seus pupilos. Artigo titulado por outro lado cun título demoledor: "1000 euros ó mes por rascala" e que seguíu cunha desculpa sinceira pero tamén demoledora resposta da redacción de www.maiscamarinas.com. Parece mentira que aínda queden 4 anos para as próximas eleccións municipais. En fin, dende Camarinas.eu non temos palabras para seguir e deixámosvos cunhas imaxes do malogrado ser que presumiblemente (e sempre supostamente.. mmmm... e nunca confirmada nin sequera firmada por esta redacción) habitaba na "Ferga".

PD: Pois non, non temos máis imaxes, cousas de estar o Arnela cerca dos arredores do lugar de autos.

Engadir un comentario