- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 23 Xullo 2011 23 Xullo 2011
Hai políticos que están por enriba do que están chamados a ser. Hai políticos que, aínda chamados así, ennobrecen o ingrato facer de traballar polos demáis. Hai políticos, en definitiva, que por moito que algún trate de distorsionar a súa labor non volven a vista a estes elementos e siguen tratando de traballar polos seus cidadáns, aínda que sexa con pequenas cousas que pouco inflúan na nosa vida pero que nos enchen de orgullo e satisfacción. Este, queridos amigos, é o caso que nos atañe: O noso querido redactor e amigo Juan Cabrejo "Juanillo" recente concellal adicado ao deporte e a cultura no Concello de Camariñas en estreita colaboración co noso Alcalde e tamén amigo Pichurri veñen de conseguir para o noso pobo que a Copa do Mundo recentemente gañada polos héroes españois de suráfrica recale por un día enteiro na nosa vila. O vindeiro mércores 3 de agosto deste ano en curso o maior trofeo ao que un futbolista pode aspirar neste planeta, a Copa do Mundo estará exposta na Casa de Pedra de Camariñas dende as 11 da mañá ata ás 8 da noite para ser contemplada polos siareiros Camariñáns e, por extensión, de toda a Costa da Morte. A gran copa estará custudiada nunha vitrina por varios escoltas da FEF e pola Agupación Local de Protección Civil. A Copa do Mundo estará en Camariñas gracias a dous dos máis grandes futbolistas do noso concello Juanillo e Pichurri. Alí estaremos ese día todos os que vibramos coa nosa selección, orgullo da Patria Española, o día que os héroes de suráfrica gañaron o máis grande título para o noso pais.
Comentarios
Debo reconoser en público (ao mellor cando che vexa non me acordo), a velles non ten cura, que estás na túa salsa, siempre dixen que na cachola tiñas un serebro en forma de balón. O que ti non consiiiijas!!!, anque hai que reconoser que Pichurri tamén aportou futbolísticamen te e muito no Hermanas Patiño nos seus tempos. Fasia tempo que fasia falta un home con sabiduría e esperiensia no mundo do fútbol, estamos nesesitados. Evidentemente todos os deportes teñen o mesmo dereito (según masas) e conoséndoche como che conosemos lucharás por todo o que sea deporte, sin despresiar a ningún,COMO DEBE SER. Incluso a rejata de jamelas ou lanchas a remos, como vena mariñeira que levas de teu abuelo materno e túa nai. Esto que ides faser é mui importante, a copa do mundo en Camariñas (a auténtica ten que janala máis veses a selesión non?) pero é a replica real e hai que custodiala ben. Si fai falta faser juardia particular faise, aqui jrasias a Dios temos bos detectives (ainda que faltan os papeles jeje). En serio, chapó chabal, o que estará pensando esa cabesa siempre en torno aos deportes, iremos vela copa esa. Saludos Juanillo e noraboa.
Eres un afortunado, pois, no ano Xacobeo, coicidín na praza do Obradoiro coa presentación dese preciado trofeo,e,apenas uns pouquiños dos presentes, tiveron ese previlexio de poder tocala.
Noraboa, pois, campeón, e a seguir co que tango sabes e che gusta.
Antonio Puertas
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.