Un Man aínda novo posa diante da caseta que era o seu fogar
Galería especial de fotos extraídas do arquivo persoal do Alemán de Camelle
Hoxe sábado 17 de novembro celébrase en Camelle o 1º Encontro de Man, co que o Concello de Camariñas salda unha débeda histórica co anacoreta alemán e rinde a xusta homenaxe que este xenio merecía. camarinas.eu súmase a este tributo ofrecendo aos seus lectores en exclusiva un pequeno avance de fotos extraidas do arquivo persoal do Alemán de Camelle cunha alta resolución e máxima calidade de imaxe. Desta forma, esta redacción, que mañá fará un seguimento exhaustivo ao citado encontro, manifesta a súa vontade de contribuir en todo o que sexa necesario ao recoñecemento dun xenio que dou todo o seu talento ao Concello de Camariñas e polo tanto á Costa da Morte.
0#quen me pode dar unha resposta —
visitante25/11/2007 19:01
son dun concello pontevedrés e o meu apelido é \"Vilán\". Para satisfacer un vello desexo visitei o cabo coa miña parella o 24/11; e claro durmin en camariñas. Aproveitei para visitar o museo de man e chegamos ó edificio \"museo do alemán\". Había un magosto e unha moza díxome que non se podía subir, pero que de todas formas non \"había aínda nada\". Ó chegar á casa-museo de Manfred pinchoume unha mala sensacicón de abandono polo lixo que había por alí, polas catro tablas que protexían a casa, pola finca abandonada do lado, polas circunferencias de cores de man desgastadas e pintorreadas do muelle, pola resposta da rapaza, pola placa de inaguración cinco días antes das eleccións. A diferencia entre o que esperaba e o que atopei e pensando que pasaron 5 anos dende que finou fixome preguntarme: ¿que se fixo, en concreto, dende entón por preservar o que ninguén discute que foi unha obra de arte única que lle deixou a Camelle un home, e que lle deu a un home un apelido:\"Man de Camelle\"?
Querido Xosé Manuel, en lo que dices llevas el 100% de razón, pero bueno parece que ahora por fin algo van a hacer, no sé si lo has leído pero estos chicos de la web tienen un reportaje especial con todas las medidas del ayuntamiento para intentar hacer algo en la sección de reportajes. Un saludo y no te sorprendas: muerto el perro, se acabó la rabia ( no sé si me has comprendido bien...)
0#IMFORMACION PARA PPWELLS & VILAN —
hombre lobo13/02/2008 11:55
A educacion ten que empezar po-los do pobo,en canto a algunhas cousas por exemplo a non pisar unha rua en canto o cemento esta fresco..que sinxelo ¿verdad?.Non vou xeralizar pero a MAN moitos e moitas tratarono de tolo,e lebou algunha que outra bofetada.Xa iva sendo hora de que se acordaran de MAN,e de que grazas a el o pobo de Camelle e coñecido mais ala da xandriña.
Comentarios
A diferencia entre o que esperaba e o que atopei e pensando que pasaron 5 anos dende que finou fixome preguntarme: ¿que se fixo, en concreto, dende entón por preservar o que ninguén discute que foi unha obra de arte única que lle deixou a Camelle un home, e que lle deu a un home un apelido:\"Man de Camelle\"?
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.