1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Na Ponte sempre se encontra a forma de pasalo pipaQue a Feira da Ponte do Porto xa non é o que era, eso non é ningunha novdade. A culpa de que eso pasase tal vez non se lle poda achacar a ninguén: son esa clase de modas que veñen e van e que tan a menudo sirven a calqueira político para facer demagoxia e tirarllo como arma arroxadiza a calqueira que mande. Con todo sempre xurden veciños ben intencionados que dende a sociedade civil, a base de inxenio e boa vontade, tratan de remediar o irremediable. Un dos últimos exemplos do anteriormente mencionado vivímolo en datas recentes na Ponte do Porto ca actuación levada a cabo polos nosos queridos amigos da Peña Cabalar do Pincho o pasado 12 de xuño. Alí organizaron unha Festa Cabalar en apoio á tan vida a menos feira porteña que incluío un impresionante programa de eventos que ían dende xogos diversos ata unha comida no Pabellón Municipal. Todo sexa para tratar de remediar, na medida das súas posibilidades, o irrmediable.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.