1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

¿Posible presencia de vida intelixente alén da nosa galaxia no Cotro?

Primeiro foron as Liñas de Nazca, o inexpricable conxunto de xeroglíficos trazados no deserto peruano hai preto de 10.000 anos e tan só visibles na súa inmensidade dende as alturas celestiais. Despois, e sen ánimo de ser exhaustivos, foron os círculos nos cultivos (os así chamados Crop Circles) que a partires de 1976 foron aparecendo misteriosamente nos campos de cereais británicos exquisitamente elaborados por unha man anónima. Agora, como terceira demostración desta vaga de representacións artísticas presuntamente alieníxenas, en datas recentes no Estadio de O Cotro, o máis antigo e histórico dos campos de fútbol da Costa da Morte, veñen de aparecer un conxunto de circunferencias de diferentes tipos (tanxentes exteriores, tanxentes interiores, secantes, interiores concéntricas, interiores excéntricas, coincidentes) de execución perfectamente xeométrica e orixe en principio descoñecida.

Ante este novo Expediente X camariñán a sección de Ufoloxía de camarinas.eu púxose mans á obra e elaborou un concienzudo dossier no quetrata de dar resposta ao enigma. Visto o estado da situación: ¿serán os extraterrestres os próximos en irrumpir ferozmente nun pleno municipal? ¿Ou tal vez xa o fixeron? A semellanza do acontecido en "La Invasión de los Ladrones de Cuerpos" ¿apoderáronse os extraterrestres dos corpos e mentes dos nosos políticos? ¿Acaso esto explicaría o carácter un tanto tumultuoso do acontecido últimamente no mundillo político local?. Vendo o que sucedía no citado filme, ¿virían os alieníxenas a opoñerse por tódolos medios á construcción dun futuro (en principio) Tanatorio Municipal que desbotaría definitivamente o seu plan de levarse cara o seu Planeta Ganímedes os corpos dos próximos falecidos camariñáns? ¿Ou a súa presenza se debe únicamente ao feito de tratar de devolver aos seus autodenominados lexítimos donos os montes incautados un día hai 60 anos polo Xeneral Franco, no que sería un estrano caso de xustiza retroactiva que comenzaría ca toma de posesión dun monte, o do Cotro, dende o que enviar unha sinal aos propietarios expoliados?

Dado o carácter concéntrico e exquisitamente circunvalado dos redondeis acometidos no piso dun Monumento Histórico-Nacional do deporte español, ¿acaso esto signifique unha futura candidatura olímpica promovida dende o Concello de Camariñas? Ou, noutra orde de cousas, o carácter visionario das intelixencias ultraterrenas realmente vislumbrouse no que sería o seu maior descubremento, un feito único no seu xénero e prácticamente imposible de predecir ata o día no que realmente aconteceu: ¿aludían os círculos alieníxenas ao automóvil dunha coñecida marca xermánica que, constituindo un feito histórico sen precedentes, comenzou a verse circular non hai moito polas rúas de Camariñas conducido por un dos redactores de camarinas.eu, un suxeito coñecido pola súa anterior aversión ao parque móvil?

Todo pode ser, querido accionariado, nestes días no que as cousas máis estranas, incomprensibles e impredecibles se poden ver a cotío polas rúas, establecementos e carreteras da Vila das Palilleiras e, desbotada en todo caso por ridícula a opción suxerida por algunha mente limitada (que se tratou únicamente da clásica chorrada adolescente, cometida por uns rapaces cas hormonas en punto de ebullición a lomos das súas motos de reducida cilindrada), deixamos aberto este dossier facendo un chamamento aos veciños para que permanezcan na máxima alerta, porque o recente avistamento alieníxena no Campo de O Cotro, ¿tivo lugar tendo únicamente en conta o vindeiro 22 de maio ou, polo contrario, con vistas posteriores ao desenlace de "La Madre de Todas Las Batallas"? ¿Viñeron para influir ou para quedarse?

{phocagallery view=category|categoryid=613|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}

 

Comentarios   

Beldoña
0 # RE: Sinais no Campo do CotroBeldoña 20/04/2011 10:32
Son as animas dos nósos difuntos. A Santa Compaña virando en redondo...

A RODIÑA RODA…

A rodiña roda
virando no carro,
tensando da corda.
Cantareira de ventos,
neboeira de sombras,
coas penas que axexan
polas corredoiras.

Coa fame que moen
nos eixos das rodas,
os bois as remoen
chafalleiros nas hortas.

O estrume fumea
pasteiro nas leiras,
suor que berrega
por terras galegas.

A vara aguillada
o lombo a soporta,
virando a rodiña
ó tensar a corda.

Bulideiros paxariños
polo esterco postremeiro,
pululantes nos airiños
cos insectos baldroeiros.

A rodiña roda
tensando no aire,
sen romper a corda,
o labrego bágoas
sementa na horta.

Antonio Puertas
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.