1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Unha nova obra de arte apareceu misteriosamente en CamariñasMisteriosamente, da noite a mañán, sen que niguén o advertira, unha nova obra de arte brotou da nada na Praza do Carme de Camariñas. Onde antes había unhas horrorosas e antiestéticas columnas de cemento agora refulxe unha xenial creación artística inspirada posiblemente no conxunto de pinos pintados no Bosque de Oma polo escultor e pintor vasco Agustín Ibarrola. Perfecto exemplo de simbiose artística e armonía entre o horror arquitectónico e o entorno humano, estamos ante unha obra clave para entender o futuro desenrolo dos movementos de vanguardia, un conxunto arquitectónico-pictórico que marcará un antes e un despois na arte postmoderna, elaborada segundo os expertos en arte consultados por camarinas.eu senón polo propio e mesmísimo Agustín Ibarrola, posiblemente de paso por algún hotel rústico das inmediacións, sí polo seu alumno máis aventaxado. Todo elo coronado cun collage delicadamente elaborado en cores diversas sobre fondo de ladrillo xusto encima dos prehistóricos asentos nos que mariñeiros xubilados camariñáns adoitan a pasar os seus últimos días e popularmente bautizado como "O Senado" ("o Parlamento tamén vale), pinturas que reflexarían perfectamente o carácter sabio e vital das nosas máis antigas xeracións.

A partires de agora, caravanas interminables de autobuses repletos de amantes da arte non se farán esperar e inundarán o noso Paseo Marítimo para admirar un monumento digno de pasar aos anales da cultura universal. Ante este novo estado de cousas, camarinas.eu experimenta un dos seus clásicos xiros copernicanos e  entende que debe procederse canto antes á demolición urxente non das columnas pero si de todos os edificios que as circundan e imposibilitan a contemplación sosegada e ca imprescindible perspectiva dun dos cumes artísticos da historia do ser humano. Asemesmo queremos facer público dende esta redacción que a partires de agora a web reina da Costa Atlántica defenderá dun modo intransixente e intransixible a conservación e protección (baixo pena de forte tortura) dunha obra de arte única no seu xénero; que se proceda a instar dende a Oficina Técnica do Concello de Camariñas ante as altas instancias da UNESCO a declaración do Bosque de Columnas da Praza do Carme como Patrimonio da Humanidade, e que dende os nosos poderes públicos se axilice a urxente e indispensable creación dunha Fundación (unha fundición tamén podería valer) ca que protexer o legado deixado ao pobo de Camariñas por este inigualable e xenial artista anónimo.

Non está de máis recordar que neste mundo dos nosos pecados a realidade sempre acaba por superar á ficción: antes, nas épocas nas que a barbarie invadía a coqueta e recollida Praza do Carme, referíase un irónicamente a este antaño allado e desvencixado bosque de columnas como "Petra" ou "Persépolis" en alusión a dous conxuntos arquitectónicos sen igual construidos polo xenio humano hai miles de anos nos desertos xordano e iraní. ¿Como saber que un día non moi lonxano repentinamente levantaríase nese mesmo lugar unha obra artística que deixaría pequenas ás dúas anteriormente aludidas?

{phocagallery view=category|categoryid=605|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}

 

Comentarios   

E logo ti de quen es
# RE: Agustín Ibarrola en CamariñasE logo ti de quen es 09/04/2011 19:28
Unha bonita forma de tapar as vergoñas
Beldoña
# RE: Agustín Ibarrola en CamariñasBeldoña 10/04/2011 10:15
Bueno, tamén podese utilizar como " palco " para as festas...
Antonio
Beldoña
# RE: Agustín Ibarrola en CamariñasBeldoña 12/04/2011 21:25
¿ Un esperpento, o un coche en movimiento ?…
…no me lo puedo creer, más bien un último modelo,
asientos tapizados, cemento y cartón encubierto,
sin chófer, ni gas, ni manivela que lo ponga a caminar…
¡¡ Ahorro total !! Ojo avizor, que en el horizonte, ahí está
lo que viene y de lo que va… ¡¡ ya no hace falta caminar!!
¡¡ Ahorro total !!… por algo adoramos a nuestra catedral,
Repintada por Ibarrola… “ vox populi “ latricando en su altar
…Latricar, en nuestro Senado, eso sí que es parlar, sin escuchar.
Todos a una, dale que te pego, sin ruedas que lo hagan llegar.
De lo que pasa en el pueblo o de lo que pueda pasar,
sabios los hubo en Atenas, y, en el pueblo, muchísimos más…
Contemplar, sin salirse del lugar, conduciendo por la vida,
sin multas, sin ruedas, ni licencia para caminar.
¡¡ Cosas que tiene la ciencia y el asombro de la prosperidad !!
Meollo de un pueblo ambulante, sin salir del mismo lugar.
Carrilana del oeste, bandera sin ley que nadie te puede multar

Antonio Puertas

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.