- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 02 Abril 2011 02 Abril 2011
Si a incursión pasada dos cabaleiros do Pincho ata Ponteceso tivo un carácter de lebensraum, de búsqueda de inevitable espacio vital para unha peña cabalar á que os camiños da Costa da Morte se lle quedaron pequenos, a campaña ecuestre despregada esta semana cara Cures responde máis ao de "anschluss", de unión amistosa e consensuada entre terras veciñas e irmáns como son as da Ponte do Porto e as das diversas partes do concello de Vimianzo que lindan cos nosos terreos patrios. Así, sempre decididos a reinventar procesos e etapas clave da historia contemporánea, dun tono un tanto aciago, eso si, os cabaleiros porteños alá se foron a terras de Vimianzo ca intención reeditar os sucesos acaecidos en terras austriacas en 1938, sendo recibidos nun apartado cobertizo forestal polos parroquianos do lugar cunha ledicia e alborozo semellantes aos despregados por multitudes inxentes un 12 de marzo nas rúas de Viena. Desta forma, paso a paso, golpe a golpe, a Peña Cabalar do Pincho segue queimando etapas no seu proxecto de dominio absoluto, inconstestable e abrumador das rutas equinas da Costa da Morte.
{phocagallery view=category|categoryid=596|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}

Comentarios
Un saludo
Antonio Puertas
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.