- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 29 Marzo 2011 29 Marzo 2011
Unha pila de alladas tuberías de uralita, obsoletas despois de máis de mil anos de servizo continuado, xacen descascarilladas a carón dun contenedor municipal. Ferruxentos enlaces oxidados con tornillos que se retorcen en muecas imposibles comparten o seu fúnebre destino. Unha serpenteante cicatriz de terra luce os seus puntos de sutura dende o pozo de rexistro do Monte de San Pedro camiño da Igrexa Parroquial. E flamantes e brillantes baixo a choiva que cae muida pero incontenible sobre a tarde primaveral de Camariñas lucen as novas conexións que asegurarán durante as vindeiras décadas un impecable e inmellorable subministro de augas da traída cara a Vila das Palilleiras.
Todos eles son os restos da incruenta batalla contra os restos do pasado que se librou na Praza de San Xurxo este luns 28 de marzo e que provocou, con intermitencias, a interrupción do normal subministro de augas dende as 10:00 ata pasadas as 18:00 horas. Concentrado, atento ao menor detalle, dando as ordes precisas no intre xusto, todo o proceso de sustitución das tuberías, enlaces e manguitos da traída de augas era supervisado polo maestro que é o principal responsable de que durante o último cuarto de século Camariñas teña un dos mellores servizos de abastecemento de augas de toda Galicia. Porque Manuel Soneira Tajes, Manolo do Panadeiro, Xefe do Servizo Municipal de Augas, sabía que as obras que se executaban este luns terían unha importante repercusión no devenir da calidade de vida dos seus veciños para os vindeiros anos, sabía que estas obras, en principio menores, aseguraban o futuro, onde noites en vela e pitillos apurados sucesivamente ca ansiedade de temer unha rotura impredecible das alladas tuberías dun dos máis importantes tramos do abastecemento do seu pobo da alma quedaban no pasado.
{phocagallery view=category|categoryid=593|limitstart=0|limitcount=0|displayname=0}
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.