1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Imaxe tomada este xoves 24 de marzo cando o Gaviota saía de Camariñas por última vezO pasado xoves 24 de marzo de 2011 a flota naviera da Vila das Palilleiras sufría unha importante pérdida cando un dos barcos máis antigos dentro do prolífico cerco camariñán, o emblemático Gaviota, deixaba para sempre o noso porto con destino a Portosín. Antes que el foron outros os que partiron, o mítico Lubina cara Malpica alá polo ano 1988, tamén o Serviola, igualmente propiedade do armador Manuel Campaña Martínez, despois tocoulle o turno ao José Ramona, o Sirena del Mar, non hai moito era o Gallego José o que abandonaba Galicia para tentar novos destinos en Asturias. Outros son os que chegan, da man dunha nova xeración de patróns, o Muro de Fontán, o Cuarto Cabo Naval, o Cupido, o Rio Bao, facendo que mentras flotas doutros portos desta Costa da Morte dos nosos pecados languidezan nun crepúsculo triste e polo que se ve irreversible, Camariñas luzca cada día un aspecto máis activo que fai do noso peirao un dos máis importantes de Galicia.

Barco producto camariñán ao 100%, construido no Asteleiro da Ponte do Porto, vaise tras 25 anos de servizo primeiro como naseiro despois como redeiro. Nel por exemplo foron tomadas as fotos que un lonxano 29 de outubro de 2007 ilustraban unha das máis míticas entrevistas realizadas ao longo da historia de camarinas.eu, o Top Camariñas adicado a Evaristo Antelo López, Ito, así que cando este pasado xoves 24 de marzo unha agradecida chamada telefónica nos poñía en aviso que nese mesmo momento desatracaba do porto camariñán para sempre o Gaviota, un pequeno chispazo de emoción percorría o corpo xornalístico de camarinas.eu. E alí estábamos nos, captando a última imaxe dunha embarcación que durante un cuarto de século formou parte do prolífico, cambiante, renovado universo do cerco camariñán.

 

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.