- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 16 Marzo 2011 16 Marzo 2011
Pois estaban os habituais parroquianos do Café Bar Arnela a eso das 5 da tarde deste pasado venres preparando as súas últimas manobras carteriles para comezar a tarde de partidas, cando pola porta do Arnela entraron os técnicos e cámaras do coñecido programa de televisión "De Bares". Os susoditos cámaras de TV (que non da ITV de Baio, lamentablemente) pertencentes ao grupo de comuicación La Voz enfaenábanse en enchufar os cables e lámpadas mentras os nosos parroquianos miraban de reollo ante ese despliegue mediático. E así comezaron a grabar o que será un especial do coñecido programa adicado nin máis nin menos que ao Bar Arnela de Camariñas. Alí estaba os nosos querido Juan do Penedo e Gelinita explicando ao presentador do programa cales eran os segredos do éxito dun dos bares máis carismáticos da Costa da Morte cando de repente aparecía entre o barullo unha voz potente, gritando en varios idiomas e regañando aos seus compañeiros de baraxa... As cámaras, casi por inercia, centráronse nesa personaxe que conquistou as cámaras como si dunha celebrity se tratase e, bueno, millor esperar a que salga na TV dito programa. Mentras tanto ahí van unhas fotos do making off do reportaxe da TV (que non ITV) ao Café Bar Arnela.
{phocagallery view=category|categoryid=582|limitstart=0|limitcount=0|displayname=0}


Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.