1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
A Peña Cabalar do Pincho partío á búsqueda de novas fronteirasDe forma semellante á evolución de todo grupo humano ao longo do tempo, tras uns duros inicios, aos que seguío un prolongado período de asentamento, ao Imperio Cabalar do Pincho chegoulle finalmente a etapa da súa expansión. E así tras asegurar cunha nova incursión a Senande os terreos conquistados en anteriores expedicións, alá partiron as huestes porteñas cara Ponteceso na búsqueda do seu "Lebensraum", do espacio vital que permita dar saída as cantidades inxentes de enerxía equina acumulada durante os dous prolíficos e exitosos anos de andainas cabalares da peña nacida no local de moda da Ponte do Porto. Unha vez chegados á vila e val de Pondal, primeiro recoñeceron o terreo visitando as marismas de Balarés, onde a estampa de calqueira dos protagonistas da nosa noticia podía confundirse ca dun señorito andaluz cabalgando pola desembocadura do Guadalquivir, para despois firmar un acordo por escrito ca Peña Cabalar de Ponteceso que deixaba pequenos os pactos asinados un 23 de agosto de 1939 en Moscú e que garantizaba dunha vez e para sempre a expansión territorial do Imperio do Pincho. Un reich cabalar que durará mil anos.

 

Engadir un comentario