- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 06 Marzo 2011 06 Marzo 2011
A cruzada do noso redactor perruno Bénder polo patrimonio do Concello de Camariñas parece non ter fin. Despois de documentar prolixamente o expolio sufrido polo noso capital municipal en lugares tan distintos e distantes como o Museo de Man en Camelle ou a Praia de Lingunde, dentro da apacible Ría de Camariñas, esta semana pasada en visita sorpresa aos areais de Reira comprobaba compunxido e ao borde do colapso como os elementos desencadeados da natureza por levar ata se levaran centos de toneladas de area das distintas praias que conforman un entorno natural único. A Praia Grande, así tamén chamada Area Longa, reconvertida noutra máis das anodinas e inutilizables praias de bolos que se extenden ao longo do litoral do noso concello.
Desta forma, comprobaba gráficamente o canciño máis famoso da Costa Atlántica a veracidade dunha historia sempre escoitada durante os seus tres anos de vida: a das formas xeométricas cambiantes ano a ano de calqueira das praias de Reira, areais que durante o inverno quedan espidos da area que os cubre durante o verán por mor da forza dun mar que se leva consigo miles de toneladas de area que serán devoltas no albor da canícula aos seus lugares de orixe, pero sempre en proporcións cambiantes. Proceso de contornos parecidos ao que documentábamos en datas recentes na Praia de Lingunde, no que os movementos recurrentes das mareas acabaron por arrancar da cáseque única praia urbana da capital municipal máis dun metro de area, posibilitando, entre outras cousas, aventuras marinas de bancadas de madeira, que ca axuda dalgún que outro temporal de sur marcharon alá polo mar abaixo, ca única diferencia de que a area arrancada de Lingunde nunca volverá. Algo que non sucederá en Reira, onde ás portas do verán veremos todo ese continxente granulado de volta. Ben en cantidades maiores, ben de forma máis escasa.
{phocagallery view=category|categoryid=546|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}

Comentarios
Qué recuerdos , y tristeza....
También, los mayores tuvieron que hacer sus reinos... y las olas llegaban a la Plaza, pero,… se volvían a marchar, hasta el próximo invierno, y, así,una y otra vez, volver a empezar.
Antes era un “juego” y una necesidad, pero ahora, tan sólo es una obligación de quien debe gobernar
Antonio Puertas
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.