1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

O destartalado Muelle do Curbeiro foi nesta ocasión o obxecto das maquinacións do Imperio do Crimen contra Camariñas

A ola de bandidismo á que está sometida Camariñas parece non ter fin: cabazos embestidos en fuxidas aloucadas por camións kamikazes, estadios patrimonio histórico-futbolístico nacional reventados por hooligans sedentos de sangue, santuarios do madridismo violentados nas sombras da noite, templos do barcelonismo saqueados por mor dunha máquina tragaperras, plenos tumultuosos e vociferantes... A derradeira mostra desta vaga de crimen que azouta unha vila tranquila e remota aconteceu na prácida mañán do pasado venres 11 de febreiro cando un colaborador habitual de camarinas.eu se dispoñía a dar polo Muelle do Curbeiro o seu clásico paseo  matutino co que baixar unha comida nutritiva e abundante adiantada ás horas do mediodía debido ás inaprazables obrigas laborais.

Entón observou que na esquina do Muelle que da os pantaláns algo desacostumado acontecía: unha serie de varóns de tez cobriza cargaban nasas cara un furgón en principio descoñecido. A alerta marítimo-naviera da que está dotada unha mente experta coñecedora do todo o relativo ao mundo do mar camariñán levouno nun principio a poñerse en guardia ("¿E quen serán estes carallos?"), para despois dispararse a velocidades insondables as súas sospeitas ao chegar a altura dos anteriormente aludidos. Alí comprobou que o que pensaba era un furgón en realidade era unha jergoneta e que se trataba de membros dunha coñecida e folklórika minoría étnica os cales repentinamente pararon nas súas labouras de estibación como-si-aquí-no-pasara-nada ("¡Buenos días, Señor!", "...mmm..., que hai..."). Pero non había nada xa que facer: a decisión estaba tomada. A súa conciencia de ciudadano exemplar levouno a, pasados un centenar de metros do lugar onde presuntamente se cometía o enésimo acto de latrocinio contra unha poboación indefensa, poñerse en contacto vía móvil co dono das nasas trasegadas ("Hai aquí uns g... jodéndoche as nasas ¡Ven mirar ho!"). Feitos, que foron observados atentamente dende a lexanía polos sixilosos estibadores portuarios que en cuestión de segundos levantaron o campamento emprendendo a jergoneta unha aloucada fuxida con parte das nasas nos seus intestinos, nasas cuio destino sería o de arder nunha pira zíngara para aproveitar o ferro resultante na compraventa de chatarra.

Unha vez chegado o dono das nasas ao Muelle do Curbeiro e comprobado a efectividade dunha sustracción naseril carente por completo do seu consentimento, optouse por chamar á Guardia Civil ao lugar de autos. Pero como si non se houbera chamado: outro tipo de alerta, neste caso ladroniso-rateril, da que están dotadas unhas mentes expertas coñecedoras de todo o relativo aos baixos fondos do imperio do crimen surtira o seu efecto e o destino dunhas nasas nacidas para xacer prácidamente nos fondos marinos estaba selado: a de perecer polo fogo rodeadas dos cánticos e danzas típicas dun campamento zíngaro. Visto o estado da situación recoméndase ler/reler a novela de Maksim Gorki "Los Bajos Fondos", ou para aqueles máis cómodos, ver calqueira das súas dúas versións cinematográficas, a de Jean Renoir de 1936, ou a de Akira Kurosawa de 1957. Haberá que anticiparse ao próximo movemento do Imperio do Crimen contra Camariñas.


Comentarios   

Beldoña
+3 # UN CONTIÑO...Beldoña 16/02/2011 11:58
O BAUTIZO XITANO.

Baixaba eu polo monte da Regueira cos petos cheos de boliños de mar, ben feitiños e redondos, que os usaba coma munición do meu “tirabalas”, e con Tuno, o meu inseparable e chorado can de coenllos, cando vexo acampada unha caravana de xitanos que, de vez en cando, aparecían polo pobo e, de seguida, desaparecían sen case deixar rastro. Ninguén recatárase deles, á non ser por algún que outro comentario ó respecto ou porque, casualmente, sempre faltaban cousas, coincidindo coa súa estancia no pobo. Polo demais, á vida seguía coma sempre, sen maiores novas de que falar.

Non era ningún acontecemento singular, sen embargo, chamoume poderosamente á atención de que estivesen congregados e silenciosos, máxime coñecendo á súa forma de ser falangeros e “ dicharacheros “

Acerqueime sixilosamente ata agacharme detrás dunha silveira, á poucos metros dos calés, cando observo que, o mais vello, agarrando á un neno de poucos meses completamente espido e berrando de medo, introduciu de cheo naquelas frías augas do mes do Nadal e, con ese falar solemne e típico, di:" YO TE BAUTIZO EN ESTE RIGUERO PA QUE SEAS LADRON Y LIGERO "..¡ Que pasada ! .Acababa d´asistir á un bautizo dun novo membro daquela peregrina familia ...

Á verdade é que o vello tiña razón, porque naqueles tempos de fame negra, pa poder sobrevivir, tiñas que “roubar” e ser lixeiro: uns saquiños de patacas, unhas galiñas despistadas do galiñeiro , un bacoriño soterrado recentemente (as malas linguas falaban de que aquelas xentes, uns días antes, metíanlle ó animal un arame polo cu e, naturalmente, morría ( inda que disto, non hai probas…) O de lixeiro, entendese perfectamente ese desexo do patriarca, consagrado naquel regueiro bautismal do noso pobo.

Desaparecían sen ruído e sigilosamente, coma hoxe en día fan os iates que nos están á visitar de verán e…, ata próxima.

Pensando, pronto asimilei esta escena con outras semellantes que tiñan lugar no noso día á día.

Recordo que meu querido pai, soia mercar gran cantidade de pinas, que amoreaba nunha caseta próxima á nosa casa e, nunha ocasión, un dos piñeiros moi simpático e lixeiro contando, comezou á súa conta particular, preparando d´ant ema á situación con chistes moi graciosos, á vez que ía enfilando os seus contos co inicio das súas singulares matemáticas… Un cento eran vintecinco mans de catro...e, comezaba:"o que dise unha, dise dúas, dise tres, dise catro, dise sinco, dise seis, dise sete, dise oito, dise nove e ...VINTE, vinteún, vintedous,vinte trés,vintecatro e vinmtesinco- UN SENTO “. Outra vez, ... e outra, .. e outra..Rápido coma un raio.

¡ “Para, para, para” !,Contestou o meu pai vendo que á pila non engordaba o que debería.¡”Ti seica me queres amolar”!...”.Va ite d´aquí lambón, preguiceiro.” …E o “delincuente” saía correndo, maldicindo á súa mala sorte.

Por iso, que estas anécdotas, non so pasaban cos xitanos, senón que eran frecuentes en tódolos ambientes sociais da época. Sen elas, á vida non tiña gracia nin as xentes poderían sobrevivir…sen TV, sen luz, sen nada…

Claro que enchían os contos. Había algúns que se tiñan que agarrar á barriga pa non estoupar coa risa.

Antonio Puertas
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.