1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

A partir de agora ao longo do Paseo Marítimo de Area da Vila os nosos maiores poderán desarroiar a súa musculatura

Pois decíamos que os mundos andaban volteados patas arriba, que un xa non sabe o que lle deparará o futuro, que xa non hai a onde agarrarse e que o día menos pensado á volta da esquina atópase a sopresa máis inesperada. Nestas andábamos máis mal que ben cando a mediados da semana pasada todo aquel que fose bordeando o esperpéntico xardinciño que acompaña ao Paseo Marítimo de Cedeira ata o seu esférico final diante da casa de Don Ricardo vería como no mesmo se practicaran unha serie de perfectos ocos rectangulares de terra semellantes a tumbas. E en efecto as medidas aludidas adoptáranse tendo en mente a colla de xubilados que mata as tardes no destartalado paseo de Area da Vila, pero non pensando no seu próximo e inevitable final senón máis ben como unha forma de devolvelos ao risueño e entrañable mundo da súa olvidada infancia.

Financiada polo que se ve por unha subvención da Xunta de Galicia (si, querido accionariado, a esto van parar os impostos) outra colla, esta da Patrulla de Obras do Concello, ven de instalar en datas recentes ao outro lado do descampado de herba da Praia de Area da Vila unha serie de máquinas e aparatos que teñen o honor de constituir o 1ª Parque Infantil para a 3ª Idade da historia do Concello e posiblemente tamén da historia da Costa da Morte. "Juegos dirigidos a adultos", que así sinala a lenda que acompaña ás citadas máquinas, fabricadas por unha casa que se supoñe vive de esto, ou sexa, que nalgún outro sitio alguén compra aparatos deste tipo (incluso con financiación saída de bolsillos privados), supoñe que deberán adoptarse as medidas pertinentes para expulsar das inmediacións do parque aos membros das outras dúas idades, nun proceso semellante ao que acabou expulsando se entende que para sempre a uns derrotados fumadores do sagrado mundo dos bares. As sancións por utilización indebida poderían acabar carrexando incluso pena de cárcere.

Reitérase a cada paso que vivimos días estranos, tempos incertos que cambian a velocidade relámpago. Sorpresas que escapan a un raciocinio elemental e que afectan incluso a algún canciño impertinente e ladrador presente nas inmediacións, o cal ao ver tal panorama non puido evitar unha mostra do asombro máis absoluto en forma de ollos abertos como pratos, orellas despregadas en toda a súa intensidade ao ceo encabritado (momento que sería captado por algún anónimo transeúnte na vixésimo sexta das fotografías) ante o que supoñía un serio desafío ao seu reducido saber e entender, rebasando en moito as súas limitadas capacidades intelectivas. Incluso tampouco debería desbotarse a hipótese de que un proceso semellante ao padecido polo pobre canino acontecese ao seu igualmente limitado dono. Un parque infantil para membros da terceira idade no que supoñe unha visión que pode chegar a ser apocalíptica. Querido usuario de camarinas.eu nada é como antes: todo aquelo no que creías, xa non existe.

Comentarios   

kinos
0 # RE: Parque Infantil para a 3ª Idadekinos 10/02/2011 19:59
pareceme unha boa iniciativa pero a infrastuctura insuficiente,de beriase aumentar mais na mina opinion.saudos a todos
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.