- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 05 Febreiro 2011 05 Febreiro 2011
O Porto de Camariñas esconde no seu seo sorpresas insondables e recónditas. Frustrada en datas recentes a formación no Muelle do Curbeiro dunha barrera coralina co afundimento dos restos decrépitos do barco chatarra, agora podería desbotarse ca execución da 3ª Fase do Paseo Marítimo o que viría a constituir un auténtico paraíso para a fauna animal nas Pedras do Canzorro, a tradicional praia das masas humildes de Camariñas. Esta pasada semana podíamos contemplar como un equipo de expertos ornitólogos dotados de aparatos da máis alta precisión telescópica se tiraban ata dúas horas estudando os hábitos e modus vivendi das alladas gaivotas e dos famentos e escuálidos araos que habitan cotidianamente nas miserables pedras do Canzorro, unhas rocas que segundo o prometido nesta vila antiga e noble un 9 de abril de 2010 a estas horas deberían xacer baixo o entullo de centos de toneladas de terra e grava.
E por elo que, botada a perder xa unha vez por Portos de Galicia a posibilidade de formación dun paraíso para o turismo ecolóxico na nosa vila, para non caer dúas veces no mesmo erro tomaríase polo ente autonómico a importante de decisión que explicaría os graves retrasos acumulados na execución da mentada 3ª fase do borde portuario camariñán, xa que vista a existencia dun verxel ornitolóxico no decrépito areal do Canzorro, ¿quen podería reprocharlle agora aos mandamases do ente autonómico a paralización das obras que cambiarían para sempre a faz de Camariñas? ¿Onde atoparían os misérrimos e desprestigiados araos camariñáns esas sabrosas tripiñas e cabezas de peixe limpiadas sobre as pedras do Canzorro dende tempo inmemorial polas masas humildes da nosa vila? ¿Onde, os nutritivos detritos vertidos ao porto polos intestinos de toda unha poboación?
Comentarios
Creo que non estamos pedindo nada que non sexa noso, tan só pedimos respeto.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.