- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 03 Febreiro 2011 03 Febreiro 2011

Pois xa casi está a punto a obra das beirarrúas da antiga pista, agora avenida, que leva a Mourín. Segundo nos contan a falta da chegada da autorización de Patrimonio para retrasar un cabazo e dun tramo no que ao parecer aínda non se chegou a un acordo cos propietario, xa están cáseque rematadas unhas obras que inclúen un sustancial aumento do ancho da carretera ata os sete metros e que conlevou en ocasións derruir muros e cerres e noutros levar por diante ata dous metros dalgún garaxe existente.
Estamos a falar polo tanto duns traballos que constituíron no seu 95% un exemplo perfecto de colaboración dos veciños, que a cambio da cesión de algún que outro metro de terreo da súa propiedade contarán agora cunha auténtica avenida onde ata o de agora existía unha achicada pista con cunetas de silvas e toxos, e cunhas beirarrúas dotadas de tódolos servizos. Estamos sen dúbidas, frente a outros proxectos máis ou menos discutibles e discutidos, ante unha das obras máis acertadas e necesarias das executadas nos derradeiros catro anos no Concello de Camariñas.































Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.