4.1111111111111 1 1 1 1 1 Rating 4.11 (9 Votes)
Moito cambiou o panorama mariñeiro da nosa Costa da Morte dende que os nosos avós se embarcaban á aventura naquelas tarrafas e botiños en épocas non tan lonxanas. Sen dúbida que foi así este cambio ata o punto de que ata do outro lado do mundo, dende a lonxana Asia, chega xente a traballar nos novos e sofisticados buques que saen a faenar desde todos os portos desta costa.

 

Aos abundantes mariñeiros peruanos que tan duro traballan nos barcos da rede de Camariñas, súmanse estes dous rapaces indonesios que, por mediación dunha axencia de traballo chegaron para traballar en Camelle no barco "Juan Pedro 1" que forma parte das embarcacións dunha coñecida familia de armadores camelláns. O pasado de Camariñas e de toda a Costa da Morte estivo vinculado estreitamente ao mar ata tal punto de que este lugar non existiría sin a pesca. Por iso non podemos deixar de pensar o que suporía para o noso pobo e para toda esta zona costeira a pérdida ou intento de desmantelar a industria máis importante que temos: a pesca de baixura.

Comentarios   

currodetras
+3 # moito cambioucurrodetras 03/11/2007 00:56
antes nos tempos de nosos avos,eran un sento de mariñeiros para catro tarrafas,ahora son sentos de cabalos para catro gamelas
Denunciar ante o administrador
Mikel
+3 # RE: Novos inmigrantes en CamelleMikel 04/11/2007 10:54
Eu persoalmente non tivenningún inmigrante conmigo traballando,,,, ,ahora si,,,polo que podo ver,,,son xente que cumple a diario co seu traballo,non tiveron percance algún no pobo nin problemas de ningún tipo,,,,,algún dia fumos nós polo mundo(antepasad os)agora benvidos e bentratados os que veñan.A fidelidade deles chega ata tal punto,,que un dia un barco do cerco,,atracand o en terra pediolle a un mariñeiro peruano que aguantase do cabo que estaba enganchado a o barco,,,o patrón doulle atrás,,,e o pobre mariñeiro ao ver q non aguantaba do peso e da forza do motor,,,non soltou o cabo,,,foi ao mar,,,si señor,,,eu non teria tanta fidelidade hacia ningún patrón,,,él si a tuvo e despois claro,,,rescatá rono da auga,,,
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.