- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 22 Xaneiro 2011 22 Xaneiro 2011
Debe ser por aquelo da proximidade das letais eleccións municipais que os políticos a veces chegan incluso ata a tomar decisións acertadas. En efecto, no vindeiro Pleno ordinario a celebrar na Casa do Concello o venres 28 de xaneiro de 2011 os munícipes camariñáns deberán votar o cambio de nome da actual Rúa do Outeiro polo máis acertado sen dúbidas de Señora Estrella de Cándido, en homenaxe a máis famosa repoñedora de osos da historia de Camariñas, unha muller humilde e sinxela, de Buría de toda a vida, cunhas mans sabias e milagreiras cuia sona contan que chegou ata o mesmísimo e glorioso Real Madrid.
O renomeamento da rúa coincide co final das obras de pavimentación da mesma, levadas a cabo pola empresa muxiana Germán Mouzo S.L. e financiadas pola Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, poñendo fin ao estado lamentable e chechénico do firme desta rúa durante os últimos anos. Non sabemos si por ser unha obra da Xunta, a opción elexida para a pavimentado foi o do formigón pulido (frente a omnipresente formigón impreso) e en vez de coloríns chisporroteantes preferíose o sobrio e adusto gris, sen dúbidas máis acorde co carácter serio, traballador, das xentes de Buría. Un carácter como o que poseía unha muller convertida co paso dos anos en auténtica institución en Camariñas e que agora ve xustamente recompensada a súa labor de toda unha vida en forma de rúa co seu nome na súa Buría da alma, inaugurando o que debería ser unha nova tradición de renomear rúas vellas ou nomear novas que estén por vir (difícil, visto o estado actual da situación urbanístico/urbanizatoria) con nomes de persoalidades senlleiras da historia recente do noso concello. Non estaría mal proseguir, por exemplo, con nomes de armadores lexendarios de Camariñas como xusta reinvindicación do carácter predominantemente mariñeiro destas benditas terras.
Comentarios
Mentras meu avó atendía o pote das vacas,soplándol le a bruma para que prendera,miña avoa miraba aquel descomposto dedo.
-"Bueno,xa está.Non o movas muito,baños de ajua quente con sal e un parche poroso da farmacia."
Creo que,esta rúa fai xustiza merecida a miña bisaboa,e a sua filla tamén,pois non terían título,pero creo que foron xente humilde e que fixeron moito ben os demáis.
Esa rúa ten que ser RUA SEÑORA ESTRELLA DE CÁNDIDO.
Antonio Puertas
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.