5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (12 Votes)

En días pasados puidemos ver como un coche cunha cámara instalada no seu teito percorría infatigablemente as rúas do Concello de Camariñas: tratábase dun automóvil contratado por Google para actualizar os datos xeográficos de Camariñas no Google Earth, así como para dispoñer das imaxes precisas que cáseque milimétricamente poidan ser consultadas en calquer lugar do globo terráqueo. Nembargantes o estupor, o asombro e a indignación máis absolutas apoderábanse da redacción do xigante cibernético da Costa Atlántica cando ao consultar si os resultados da expedición cibernética xa estaban volcados en internet descubríamos que a antigamente coñecida como Ría de Camariñas aparecía en Google agora co nome de "Ría de Muxía e Vimianzo". De tempo atrás eran sabidos os persistentes e oscuros manexos de certos sectores procedentes da cara sur da Ría de rebautizar a esta como "Ría de Camariñas e Muxía", de feito todo aquel que se acerque polo Mirador do Facho, na carretera que une a citada vila con Cee, atopará unha serie de carteis informativos ca lenda mencionada, ominipresente en toda a información municipal muxiana.

Sen embargo, o auténtico mazazo e a sorpresa máis absoluta ven ao aparecer o nome de Vimianzo en vez do da nosa amada vila. Segundo altas instancias do PSOE ás que tivo acceso Camarinas.eu trataríase dunha venganza persoal de Alejandro Rodríguez, eterno Alcalde vimiancés, dirixida contra os mandatarios socialistas camariñáns que lograron a súa expulsión do PSOE. Unha vez decidida a súa retirada do mundo da política (non se presentará ás próximas eleccións municipais) o auténtico Emperador da Costa da Morte quixo deixar o seu selo persoal ante a Historia cunha brutal demostración de forza, utilizando os seus contactos privilexiados no mundo globalizado de internet para asestar o golpe de gracia definitivo contra aqueles dirixentes que osaron desafiar o seu poder absoluto dentro da Costa da Morte. Camarinas.eu, como web líder de internet na Costa Atlántica, mostra a súa máis absoluta e radical oposición a esta medida, que viría a supoñer un revisionismo histórico sen xustificación algunha e debida a luitas internas de poder dentro do mundillo político local. Empeza a Guerra.

Comentarios   

Mikel
+3 # RE: Google: Ría de Muxía e VimianzoMikel 28/12/2010 12:54
.
Denunciar ante o administrador
Mikel
+3 # RE: Google: Ría de Muxía e VimianzoMikel 28/12/2010 13:05
Ou é unha inocentada?..je je...de todas formas...Of all forms eye to the information.... .
Denunciar ante o administrador
CAFETERIAOCAMARINAS
-3 # QUE PASADACAFETERIAOCAMARINAS 28/12/2010 19:34
PARECE MENTIRA QUE NADIE SE PARASE EN COMPROBAR QUE EN GOOGLE MAPS Y GOOGLE EARTH TODAVIA APARECE COMO RIA DE CAMARIÑAS Y NO COMO DICE LA NOTICIA.DE TODOS MODOS HACE FALTA TENER HUEVOS PARA INTENTAR CAMBIAR EL NOMBRE DE NUESTRA RIA.
PERO BUENO CADA LOCO CON SU TEMA HOY EN DIA OPINO COMO MIKEL,NOS MEAN ENCIMA Y DECIMOS QUE LLUEVE.NOS TAPAN LOS OJOS Y DECIMOS QUE ES DE NOCHE Y LO MAS SORPRENDENTE ES QUE CON 30 Y PICO AÑOS TODAVIA NOS DIGAN QUE ESISTEN LOS REYES MAGOS Y CREYAMOS EN ELLOS JAJAJAJJA PARA PARTIRSE EL CULO DE RISA
Denunciar ante o administrador
Beldoña
+2 # RE: Google: Ría de Muxía e VimianzoBeldoña 28/12/2010 22:36
A min esta noticia úleme a 28 de Nadal e comparoa con aquela outra aparecida nos medios que di que Zidane volve a fichar polo Real Madrid.
En fin, cada día ten o seu santo.
Antonio Puertas
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.