5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (6 Votes)
Recollendo especialmente todo o acontecido o pasado 18 de setembro co gallo da celebración do seu 125 aniversario, Industrias Cerceimar S.L. repasa nun ameno boletín informativo tódalas novedades que durante os tres derradeiros meses do exercicio 2010 vivío a empresa máis emblemática do Concello de Camariñas. Así sabemos da man da centenaria empresa conserveira dos pormenores do histórico evento de setembro pasado, dos seus visitantes ilustres, das principais liñas do discurso de Andrés Cerdeiras, portavoz do seu Consello de Administración, así como dos principais proxectos de futuro, entre os cales se contan o seu compromiso perenne co noso concello e a internacionalización definitiva de Cerdeimar tras un proceso iniciado cinco anos atrás e que probablemente verá a luz nun país de economía emerxente e arroupado por socios locais, cifrándose o custe total do proxecto en 20 millóns de euros.

Ademáis, o boletín trimestral recolle imaxes da recente visita efectuada ás instalacións de "a fábrica" por parte do Club Balonmán Camariñas Conservas Boyas, na que enfundados os xogadores ca correspondente equipación, puideron asistir en vivo ao proceso de elaboración artesanal das conservas. En definitiva, un boletín ameno, a todo color, elaborado na súa maioría cas fotos de calidade características de camarinas.eu e que permite estar ao día co acontecido ca principal empresa de Camariñas.

 

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.