5 1 1 1 1 1 Rating 5.00 (14 Votes)
Gracias á inestimable aportación da nosa querida usuaria Anita, Dj^CaPrIcHoSa, a disc jockey  máis talentosa deste remoto recuncho atlántico, a lexendaria conductora do programa Paraíso Radio, camarinas.eu procede a publicar unhas fotos dun valor invaluable acerca das orixes do marisqueo moderno nos areais xaviñáns de O Ariño e de A Vasa. Imaxes dun mar de gamelas que xa nas afastadas épocas dos anos 50 e 60 extraían do fértil areal xaviñán o producto que axudaría a saír adiante a tantas familias do noso concello nuns tempos especialmente duros; fotos dos ateigados camións que levaban o berberecho, cheos a rebosar; imaxes das entrañables festas familiares que festexaban un boa tempada e permitían relaxarse un pouco en familia, sempre en familia, despois do duro traballo; tamén de palilleiras xaviñanas, porque o traballo non remataba co marisqueo no Ariño e no cuidado da casa e uns poucos pesos de máis sempre axudaban a dominar a carestía dos tempos... Pero tamén imaxes dunha explotación equilibrada, racional, que permite vislumbrar aínda a día de hoxe en calqueira das mañáns de calquer semana, nos ríxidos e incorruptibles horarios establecidos, toda unha ringleira de automóbiles aparcados á sombra dun dos máis fermosos merendeiros que un recorde, a todo un enxambre de mariscadores de ambos sexos como formigas na lexanía afanarse duramente para recoller o tope establecido, de embarcacións chegadas dende a veciña Camariñas para levarse consigo un producto dunha calidade difícilmente igualable... Imaxes dos vellos tempos, historia antiga e eterna, do Concello de Camariñas.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.