- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 05 Decembro 2010 05 Decembro 2010
Unha das cousas boas de ter unha web independente e de non vivir da política é que non se mira o carnet de identidade das diversas obras que teñen lugar no concello, é decir, non se publica unha noticia en función da administración pública que está detras da obra en cuestión, entre outras cousas, querido accionariado, porque ao fin e ao cabo os cartos que as financian saen dos nosos bolsillos. Toda obra que contribuia a mellorar o concello é boa xa a faga a Xunta, o Concello, a Deputación ou un improbable xeque árabe con cremosos e brillantes petrodólares. Así, financiada ao 70% con fondos FEDER da Unión Europea, é decir, probablemente saídos dos bolsillos dalgún que outro incauto e supoñemos que ignorante contribuinte alemán, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras corre cos gastos das obras de construcción dunha rede separativa de augas residuais que conecta a Agra de Abaixo ca rede xeral ubicada no Paseo Marítimo camariñán. Dita obra foi aduxicada en 91.000,00 euros á empresa zasense, especialista en pozos de barrena, Construcciones Ponciano Nieto, S.L. e continúa ca rexeneración da rede de saneamento do Concello de Camariñas, con separación entre augas residuais e pluviais, sistema que ten como punto culminante as recentes EDAR construidas en Camariñas, Ponte do Porto e Camelle-Arou. Únicamente sinalar dúas pegas á presente obra: a primeira, o dilatado do seu proceso de execución, que requerío a modificación do proxecto de obra e que conleva o importante retraso na execución das obras de Reforma e Mellora da Praza do Mercado, obra a executar polo concello; a segunda, alá por marzo de 2008 camarinas.eu publicaba como a empresa camariñana de construcción Mantido S.L. procedía a acometer as obras de asfaltado na Agra de Abaixo, piso de asfalto aniquilado tan só dous anos despois por outra nova obra, polo que neste punto non estaría de máis esixir unha maior coordinación entre as distintas administracións públicas. E decimos ben esixir, porque ao fin e ao cabo os cartos que financian as obras son nosos ou, bueno, de algún que outro incauto e ignorante contribuinte alemán.
{phocagallery view=category|categoryid=284|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.