- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Curiosidades Curiosidades
- Created: 08 Novembro 2010 08 Novembro 2010
Posiblemente o Porto de Camariñas rexistrou este luns 8 de novembro de 2010 o maior cheo da súa historia. Ante o aviso dun novo temporal (o que seríe o terceiro no que vai de ano) barcos chegados dende toda España provocaron un overbooking naviero que nin os máis vellos do lugar recordan: embarcacións de Camelle, Laxe, Ribeira, Muxía, A Coruña, Bermeo, Asturias, etc... decidiron acollerse ao calor do porto camariñán por mor dunha nova cicloxénese explosiva chegada esta vez dende Irlanda (é decir, provinte do Noroeste) que se ben amortiguada e perdendo forza espérase que chegue ameazante cara ás 18:00 deste desapacible luns. Por haber, ata atopamos un catamarán entregado á arte da pesca da merluza. Todo o cal ven a confirmar aquelas noticias publicadas nos primeiros días de camarinas.eu onde xa constatábamos con orgullo e satisfacción como o noso porto se convertira nun dos máis seguros de toda a costa galega, achegándose cara o mesmo barcos de toda España cando os elementos viñan mal dados. A elo contribúe sen dúbidas a posición privilexiada, estratéxica, de Camariñas como auténtico corazón da Costa da Morte, o cal foi debidamente evaluado por Portos de Galicia á hora de incluir no Programa de Actuacións 2010-2014. Camariñas Século XXI unha ampliación do peirao exterior camariñán orzamentada en máis de tres millóns de euros, obras que deberían comenzar teóricamente cara ao final deste exercicio 2010. E boa falta que van facer.
{phocagallery view=category|categoryid=250|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}

Comentarios
Que el temporal no haga daño y que todos estos barcos puedan regresar al tajo lo antes posible.
Reyes
Hoxe en dia,e non o digo ou decimos por ser de Camariñas ou simplemente mariñeiros(como é o meu caso),o porto de Camariñas,por situación da natureza,pola obra do home na construcción do peirao;
-Camariñas é o porto máis seguro de toda a Costa da Morte e limítrofes...
Pena que non se expandan ideas e poder explotalo a nivel negocio portuario algo máis...incluso, non fai moitos anos,buques de mediana embergadura,fac ian parada e descarga no espigón vello(sal,por ejemplo)...
Ninguén(penso)aconsella o noso porto para nada e en capacidad(léase cando estea rematado todo o que falta),comodida d,seguridad,Cam ariñas posúe un valor incalculable.O noso porto.
En parte, comprendo a decisión dos nosos antepasados que se viron obligados a rerruir o Castillo pa construir o único elemento de defensa contra as marusías.Eran outros tempos moi distintos, con outras prioridades.
Antonio Puertas
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.