- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- CategorÃa: Curiosidades Curiosidades
- Created: 05 Novembro 2010 05 Novembro 2010

Os descalabrados osos camariñáns levaron unha bo golpe na tarde do martes 2 de novembro cando unha frÃa néboa, surcando montes, trepando colinas, penetrando polo Areal de Xaviña, pola Ensenada da Vasa, adueñouse durante unhas horas da que, por abreviar, daremos en chamar RÃa de Camariñas. Unha colla de xubilados mata a tarde gris sentada nun banco do destartalado, abandonado e semisalvaxe paseo marÃtimo que leva ata Area da Vila e trata de arranxar o mundo. Aos habituais efluvios odorÃferos un malestar crecente, unha dor sorda, apodérase duns osos que "ca borraxeira non andan nin con ferros". As gaivotas, donas e señoras do lugar, reposan, como aeronaves na cuberta dun portavións, en fila ao longo do malecón listas para despegar en perfecta formación de combate aos máis mÃnimos ladridos de calquer canciño impertinente e ladrador. Gamelas que viviron mellores dÃas, unha praia enteiramente formada por detritos, escombros de puntas romas, malas herbas nacidas entre as xunturas dunhas decrépitas baldosas, opacas farolas que un aÃnda non se explica como siguen en pe, embarcacións que parten rumbo ao descoñecido entre a néboa, unha néboa que corroe osos descalabrados... Triste tarde de outono na RÃa que, por aquelo de abreviar (nada máis que por eso), daremos en chamar de Camariñas.
{phocagallery view=category|categoryid=248|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}
